off
Cedeira — 30 Outubro, 2012 at 7:47 a.m.

Tempo de Outono e Defuntos. Samain 2012

by

Programa 2012:

-Sexta-feira 2, contra das 17,00, comeza  a 23ª edición do Samain cun obradoiro de castañas onde os participantes poderán facer o seu propio colar de zonchos.

Ás18:30 horas: Circusfusión, un obradoiro de malabarismo.

-Sábado 3 , a partir das 17h00, comezarán as tradicionais actividades da festa de Samain:

-Obradoiro de decoración de cabazas.

-Concurso con premios para as cabazas máis orixinais e mellor deseñadas.

Ao longo da tarde os miúdos e miúdas poderán participar en:

-Obradoiro de zonchos,

-Obradoiro de maquillaxe,

-Xincana

-Conta contos

Merendola tradicional de outono a base de bolas de azucre e requeixo, castañas, snacks e bebidas a prezos razoables.

No lusco-fusco, pasarúas coa música de Buxainas e despois e Queima Gran Cabaza.

Para rematar a xornada celebrarase a I Foliada da Vila coas actuacións de Buxainas, Troula de Ortegal, No Combarro e os Reventafoles

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off