off
Cedeira, Economía — 21 Agosto, 2012 at 5:04 p.m.

As participacións preferentes en Cedeira

by

Despois de empezar a coñecer diferentes casos de afectados polas Participacións Preferentes en Cedeira, a redacción de Olláparo  pon a revista a disposición dos afectados ,  tanto a nivel colectivo como individual, para que expoñan os seus casos.

É  primordial para a recuperación do seu capital darlle a máxima publicidade a esta estafa xeralizada, e tamén asociarse ( a unión fai a forza ) para conseguir entre moitos os seus dereitos, que é a devolución íntegra dos cartos.

Aínda hai xente que ten vergoña de que se saiba que foron enganados, e nin se asocian nin participan nas protestas, como foi o caso desta última que houbo en Sanxenxo, que de aproximadamente 45.000 persoas afectadas que hai en Galiza, participaron nela unhas 5.000.

Tamén é certo que os galegos non somos un pobo unido, ímos de “túzaros” pola vida ( vai ti diante, que a mín dame a risa ), e así nos vai. Calquera tribu  tén máis sentido de pobo ca nós.

O primeiro caso das Preferentes do que souben en Cedeira, contoumo un dos afectados, e díxomo porque se non reventaba, do cabreo que tiña ( timárono a él e a tres irmáns máis ).

O culpable por suposto foi un responsable da Banca, que abusou da súa amizade e inocencia, e agora parece ser que éste “banqueiro” ( según o afectado ), anda escapado por Cedeira.

Outro caso é o de un excomerciante ó que  lle limparon 100.000 euros, e xa amenazou con ir cunha lata de gasolina e plantarlle lume ó banco.

Non dou nomes porque non estou autorizado a facelo ( gañas non me faltan ), sigo dicindo que teñen que facelo os afectados, e para iso teñen o Olláparo á súa disposición.

Relacionadas:  Preferentes, Olláparo 20 de agosto de 2012

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off