off
Cedeira, Cultura, Livros — 30 Marzo, 2012 at 4:23 p.m.

24 de febreiro, Dia de Rosalía, tamén en Cedeira

by

No Pleno municipal do Concello de Cedeira do 28 de Marzo pasado aprobouse por unanimidade este acordo dunha moción presentada polo BNG

Acordo.

  1.  Declarar o 24 de febreiro Dia de Rosalía no noso Concello.
  2. Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que implique ao conxunto das/os veciñas/os do noso concello o 24 de febreiro,   data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da Lectura.
  3. Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do Concello na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off