off
Cedeira, Ecoloxía, Natureza — 8 Setembro, 2021 at 8:58 p.m.

Os lobos xeradores de biodiversidade

by

Desde Adega-Ferrolterra queremos expresar o noso máis enérxico rexeitamento, á nova sensacionalista publicada hai uns días, nun xornal de máxima tirada na Galiza, sobre os ataques do lobo, concretamente na Serra da Capelacoa Desde Adega -Ferrolterra queremos dicir:
O lobo en Galiza leva anos manténdose estábel no referente a súa poboación e non supera o máximo dos 100 grupos.
O lobo na Galiza o en calquera parte, non quere saber nada dos animais humanos, como moitas outras especies, e cando percebe a presenza humana na súa contorna abandona o lugar. Ten a capacidade de diferenciar os diferentes cheiros da nosa especie e cada vez que usme algo que lle parece que é cheiro de humanos, deixa o lugar de xeito inmediato. É certo que cada vez máis a miúdo, deixase ver perto dalgúns núcleos poboacionais, máis isto ocorre, pola presión sobre os seus habitats naturais, que a especie humana exerce nos seus territorios. Estamos a acabar coa súas fontes naturais de caza, a maioría das veces por culpa do escopeteo, que fai que as súas presas abandonen os lugares para a outros territorios.
O lobo é un animal que ten a capacidade de favorecer a biodiversidade alí onde se asenta. Desde favorecer o equilibrio entre as especies até mellorar os cursos fluviais, o lobo é un animal indispensábel para manter unha natureza sá e en equilibrio.
No referente ao ataques do lobo, é indubidábel que a Xunta de Galiza en vez de favorecer o escopeteo (caza), ten que poñer as axudas ao servizo das gandeiras de xeito áxil e rápido e en unha cuantía suficiente a problemática real. Tamén a Xunta ten que habilitar as indemnizacións de xeito rápido e coa menor burocracia posíbel. É indubidábel que as gandeiras deben usar nos seus terreos, as medidas de prevención e disuasorias para frear os ataques do lobo que hai hoxe en día.
A xunta de Galiza debe de deixar de culpar ao lobo dos males da gandería, cando os males das nosas gandeiras, son as políticas da UE co aval de Madrid e da Xunta de Galiza, gobernada esta desde a chegada da democracia case en exclusividade polo PP, co fin de favorecer o agronegocio e a industria da alimentación e en contra do sector gandeiro.
Non hai ningún informe científico que avale que o lobo é un perigo para a gandería e moito menos para a biodiversidade,favorecendo neste caso os incendios e en caso de habelo a Xunta debe mostra-lo e face-lo público.
Case un 40% dos ataques denunciados son falsos, facendo que uns poucos inflúan negativamente sobre o resto.
Xa para rematar, é vergoñento que un medio de comunicación que se vende como serio, faga este tipo de noticias sensacionalistas,onde se lle pide aos lectores, que fagan un exercicio de fé, xa que, no se presenta ningunha proba, das increíbeis afirmacións e acusacións contra o lobo que nela se verte e recorrese ao sensacionalismo máis barato, usando ata o fillo pequeno do veterinario, para intentar darlle unhaAdega-Ferrolterra

 

Miguel Anxo González é secretario de Adega-Ferrolterra

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off