off
Galiza, Movementos sociais, Política, Traballo — 11 Decembro, 2020 at 5:15 p.m.

O Comité de Empresa de Siemens-Gamesa pide a mediación do BNG

by

Unha representación do Comité de empresa de Siemens Gamesa, mantivo unha xuntanza no Parlamento do Hórreo co grupo parlamentar do BNG, entre eles, Ana Pontón, Néstor Rego e Mon Fernández.


A representación do Comité de Empresa, conformada por CCOO e UXT, trasladou a problemática da posíbel deslocalización da planta de SG que ten na localidade de As Somozas, e que nestos momentos a reducción da carga productiva nesa factoría pon en risco o futuro a corto prazo da actividade fabril da mesma, após trasladar a semana pasada ao responsábel de RRHH de España e o responsábel de operacións onshore que non hai activación de novos pedidos.
Esta situación agravase coa non renovación de contratos de persoal eventual, e a finalización dos pedidos en curso, levando a planta nas próximas semanas, a un tempo de sub actividade.

O CE solicitou ao BNG, que nas instancias autonómicas e estatais, intercedan para reclamar aos órganos competentes, Xunta de Galicia, por ter a por ter a competencia de Industria en Galiza, e Ministerio de industria e Transición ecolóxica, que puxeran os mecanismos e líñas de competividade e I+D+I, para manter a continuidade da fábrica.

Vincular a adxudicación de MW á xeracion de emprego e potenciar a industria eólica

Segundo fontes consultadas, o BNG transmiteu que hai que vincular a adxudicación de MW en Galiza á xeracion de emprego e potenciar a industria eólica como sector estratéxico mantendo a industria existente e buscar as líñas de actuación para a súa potenciación, sendo Galiza un referente como produtor, tecnólogo e promotor dunha industria que a corto plazo terá unha forte expansion e da cal no podemos perder o tren, que enriquece o tecido social e productivo do pais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off