off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 24 Xaneiro, 2020 at 8:41 a.m.

Torra desafía ao Supremo e traslada a presión a Torrent, presidente do Parlament

by

O Tribunal Supremo acepta que o presidente da Generalitat de Catalunya Torra sexa inhabilitado como membro do Parlamento ata que o propio Tribunal Supremo dite unha sentenza firme. A Xunta Electoral Central dalle ao Parlament dous días para retirar a acta de deputadao a Torra, mas o presidente di que non dobra. “Son deputado e presidente de Cataluña porque a cidadanía así o decidiu e porque o Parlament votou Primeiro na miña investidura e ratificalo despois, o 4 de xaneiro. Nada mudou desde estas decisións e non imos recuar”.

Agora o presidente do Parlament, Roger Torrent, debe pronunciarse sobre o asento de deputado de Torra. O luns hai sesión plenaria e alí se verá se o presidente mantén a acta. Mentres tanto, Pedro Sánchez mantén a vontade de reunirse co presidente da Generalitat, pero Casado xa anunciou que se queixará contra Sánchez se se reúne con Torra. O xornalista Ernesto Ekaizer di que o Tribunal Supremo, ao final, xa ditou unha sentenza firme e Torra será inhabilitado a toda costa. Un cenario enguedellado que ninguén sabe como rematará.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off