off

O Tribunal Supremo mantén a inhabilitación de Junqueras como eurodeputado

by

O Tribunal rexeita suspender de forma cautelar o acordo da XEC e sostén que o líder de ERC está condenado cunha sentenza firme.Deste xeito,o Tribunal Supremo ignora a xustiza europea ao non liberar a Junqueras da prisión e negarlle a inmunidade. Tamén rexeita suspender con urxencia a decisión da XEC de retirar a súa condición de eurodeputado.Junqueras foi eleito hai uns dias vicepresidente do grupo parlamentar europeo Verdes-ALE.
A sala do contencioso administrativo negouse a suspender a decisión da Xunta Electoral Central (JEC) que negou ao líder emprisionado de ERC, Oriol Junqueras, a credencial de eurodeputado. Achan que, xa que hai unha firme condena contra el por sedición, non son os responsables de interferir na súa execución.

Marchena comprometérase respectar “a eficacia” da decisión do TXUE cando Junqueras xa fora condenado

 

Marchena
Manuel Marchena, outubro 2019, carta dirixida ao TXUE

Segundo o avogado de Junqueras, a execución do acordo da XEC o venres pasado causa ao seu representante “un dano irreparabel e irreversibel” porque pode ser substituído na Eurocámara polo seguinte membro da listaxe de ERC.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off