off
Europa, Globalização, Politica internacional — 22 Xaneiro, 2018 at 1:53 p.m.

A Groenlandia na dirección da independencia

by

Segundo o xurista Mauro Mazza da Universidade de Bergamo, nunha perspectiva comparativa da zona ártica, a Groenlándia é o único território autónomo que ten a posibilidade de alcanzar legalmente o status de independencia total.  A experiencia da Gronelandia e do Nunavut (territorio autónomo do Canadá criado en 1999) mostra que o goberno federal, neste caso, o Canadá, ten mais chances de abordar as cuestións de maior autonomia dos territórios sen se separar, encanto un estado com fraca descentralización como a Dinamarca tivo que escoller o camiño da posibel independencia da Groenlandia, na ausencia de instrumentos legais que permitan ampliar a autonomia, sen recorrer a disciplinas de natureza derogatoria ou extraordinárias como as previstas polo Estatuto de autonomía especial para Grenlandia de 2009 que prevé a posibel independencia da Groenlandia.Portanto, é a vangarda da afirmación do direito dos pobos indíxenas do Ártico á autodeterminación. Exactamente a aprobación do novo estatuto de autonomia para a Groenlandia, na final, a pasaxe da condición de pertenza a unha populación indíxena (inuit)  titular de  direitos. Non apenas partes interesadas, mas como detentores de direitos envolvidos diretamente na construción de seu futuro. O ponto focal foi a recusa dos pobos indíxenas do Ártico a seremn considerados simplesmente unha minoria, isto é, como unha parte (minoria) da populaçción do Ártico. Eles son, pola contra, un pobo, e, como tal, ten dereito a  un goberno autónomo (dentro do estado ou, no caso específico da Groenlandia, coa posibilidade de obter independencia total no futuro), ben como, por outro lado, realizar actividades diretamente relevantes en termos de cooperación internacional.

A Groenlandia estase afastando un pouco mais da coroa dinamarquesa. Por ocasión da apresentacion dun novo goberno de coalición o 27 de outubro  de 2016 , Kim Kielsen, primeiro ministro desde 2014, anunciou por surpresa a criazón dun ministério para a independencia. De feito,  un Ministerio da Independencia, dos Negócios Estranxeiros e da Agricultura.

Após o voto de si no referendo de 25 de novembro de 2008, que levou ao estabelecimento dun goberno específico da província que lle conferiu total autonomia – com excepción das áreas de seguranza, defensa e seguranza- a nomeación de Suka Frederiksen (Siumut) como chefe da nova carteira – asociada ao meio ambiente – é un aviso claro a Dinamarca . 

Na grande tradición dos gobernos de consenso nórdicos, tres partidos forman a nova coalición à frente do território da Groenlandia: o partido do Sr. Kielsen, Siumut (“Forward”, social-democrata rural), Inuit Ataqatigiit (“Comunidade Inuit “ecoloxista e socialista”) e o Partido Naleraq (nacionalista centrista).

Tanto no Nunavut canto na Gronelandia,  o goberno territorial (rexional / local) é un goberno étnico, non de jure, mas de fato. Os pobos da Groenlandia non son dinamarqueses, nen europeus, mas Inuits coa sua própria língua, cultura e modo de vida. Se ben os indíxenas representan unha minoría do total poboación do Ártico,  no caso de Groenlandia  forman a maioría da poboación. A capital, Nuuk, é o único asentamento na illa que fica ao sul do círculo ártico.Tradicionalmente, os groenlandeses viviran da pesca, flota baleeira e caza de focas e ten sido fortemente dependentes dos subsídios dinamarqueses. Mas o derretimento do xelo do Ártico está posibilitando operacións de minaria e perforación onde non eran posíbeis no pasado. Hai carbón, diamantes, ferro, uranio de zinco e outros valiosos depósitos de metais, e probabelmente tamén grandes campos de petróleo e gás non descobertos, o que poderia acabar com a dependencia económica da illa coa Dinamarca.  Ao contrário da Islandia, a Groenlandia non ten grandes bancos. Porén, as implicacións prácticas son, polo momento, moi limitadas. O Goberno de Groenlandia, no documento que contén a “Estratexia de petróleo e minerais de Groenlandia 2014-2018”, expresa un enfoque optimista. Di, de feito: “O obxectivo do Goberno de Groenlandia co sector dos recursos minerais é claro. Pretende promover a prosperidade e o benestar creando novas oportunidades de emprego e ingresos en materia de actividades de recursos minerais “. Doutra banda, o enfoque aprobado tanto polo Consello Económico de Groenlandia en 2013 como polo Comité de Recursos Minerais de Groenlandia para o beneficio da sociedade en 2014 é máis cauteloso. Isto débese a que, en definitiva, é certo que o número de licenzas concedidas en Groenlandia para a exploración e explotación de recursos minerais aumentou de 2002 a 2011, mas a partires do ano seguinte houbo, pola contra, un tendencia descendente. Alén diso, o prezo mundial dos minerais caeu, e iso non incentiva os investimentos internacionais a colocar capital no sector.

2021 marcará o 300º aniversário da colonización pola Dinamarca. Hans Enoksen, chefe do goberno da Groenlandia, ten afirmado que soña cunha Groenlandia independente en 12 anos . Outros, particularmente entre a minoria dinamarquesa, espera que non aconteza.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off