off
Cedeira, Educação — 4 Maio, 2016 at 6:32 a.m.

As asociacións poderán usar o pavillón da Escola Nicolás del Río de Cedeira fora do horario lectivo

by

As asociacións, clubs e entidades culturais de Cedeira teñen xa á súa disposición o modelo de instancia para solicitar ao Concello o uso do pavillón deportivo do CEIP Nicolás del Río fóra do horario escolar, despois da autorización concedida pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As instalacións poderán utilizarse en horario de 18.00 a 22.00 horas os luns, mércores, xoves e venres; os martes de 19.00 a 22.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Para pedir o uso do pavillón, as entidades terán que achegar un seguro de responsabilidade civil que cubra as posibles incidencias que puideran ter lugar no desenvolvemento da actividade, así como responsabilizarse dos hipotéticos danos, gastos e prexuízos dos usuarios no centro.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off