O ministro de finanzas grego anuncia no seu blog que dimite porque os socios europeos non o queren na mesa de negociación.
Tsipras supera o exame da consulta que vén abrir un escenario de crise sen precedentes na UE e soergue a súa intención de non facer máis concesións en pleno ‘corralito’. Agás a demisión de Varoufakis, unha sorpresa. Ou non tanto.
No post, o ministro grego exprime que “pouco despois do anuncio do resultado do referendum, informáronme a preferencia dalgúns participantes no eurogrupo, pola miña “ausencia” das súas reunión; unha idea que o Primeiro Ministro considerou útil para poder chegar a un acordo. Por este motivo deixo arestora o Ministerio de Finanzas”.
Varoufakis engade que considera o paso como “un deber para “axudar a Alexis Tsipras a aproveitar o capital que o pobo grego nos deu no referendum do domingo”.
O exministro de finanzas é un economista de ámbito académico que asumiu en xaneiro o ministerio de finanzas do país máis endebedado do euro, afirmando que “leva con fachenda a animadversión dos acredores”. As malas relacións non son segredo. Estouparon na cimeira de Riga en abril, cando se filtrou que as tensións desabaran e o ministro grego acusrou de teren rexistrado as conversas. Varufakis foi acrescentando as súas críticas aos seus homólogos europeos e nunha entrevista este sábado ao xornal ‘El Mundo’ afirmou que a ‘troika’ practica o”terrorismo”.
Varoufakis acha que “o referendum pasará á historia como un intre sobranceiro no que unha pequena nación europea se rebelou contra a chantaxe da débeda” e, engadiu, “é fulcral que o gran capital depositado no noso goberno con este inmenso NON se invista inmediatamente nun SI para unha solución axeitada, nun acordo que insira a reestructuración da débeda, menos austeridade, redistribución en favor das necesidades e reformas reais”.
No entanto, os bancos gregos esgotan os derradeiros billetes de euro e Alemaña alerta que se “romperon as pontes”.Hollande e Merkel avaliaran hoxe en París o resultado do referendum.
Ao mellor tamén che interesa: