off
Cedeira, Música — 6 Xaneiro, 2015 at 8:45 a.m.

Festa solidaria e memorábel por Benigna do Xarmolo

by

Foi a Homenaxe a Benigna do Xarmolo moito máis que un agasallo a unha muller traballadora ben estimada por varias xeracións de cedeirenses. Foi unha festa memorábel. O que comezou como un soño do seu irmán Fernando que sumou moitas vontades, desbordou en cordialidade e esforzo colectivo fora dos circuítos das subvencións oficiais, amizade… querer chámase. Foi un dia de emoción compartida que comezou ao mediodía coa apertura da Homenaxe, houbo festa folk cos Chipicatos namentres gorentamos de callos, carne asada, pizzas e embutidos a fartar e pódese dicir que o Floreal floreou de novo neste comezo de ano e rememorou as festas dos nosos maiores doutros tempos no mesmo lugar de festa que foi a pista do Floreal.

Pola noite puidemos escoitar distintas bandas moitas delas artelladas para a ocasión nun esforzo marca e grazas tamén ao local de ensaio que habilitou Gerardo do Mimo para a ocasión dado que Cedeira conta con moit@s e moi bos músicos máis non co beneplácito do Concello para estes menesteres. Collón Pierno, Os Patexos, Say My Name, Os Benignos, Os Descalzos, Carta Suicida e Cuxi e Cia amenizaron a velada con gran afluencia de público baixo o lema ESTA NOITE NON DURME.

Proxectouse tamén un vídeo realizado con moitos aportes que foi ben agradábel e cheíño de bo humor e mellores intencións, ademais da entrega dunha placa a Benigna no escenario.

O dito… foi unha festa memorábel que será lembrada durante moito tempo en Cedeira e que dende logo terá repercusións, cando menos Os Benignos formados para a ocasión van a seguir tocando. Ademais dunha boa lección de amizade e solidariedade. Dende Ollaparo tamén nos sumamos á causa, Viva Benigna e viva a amizade.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘flash'” lightbox=”true”]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off