off
Eleccións Europeas, Movementos sociais — 11 Maio, 2014 at 6:23 a.m.

UPyD afirma que Ana Miranda non existe

by

Que o Bloque  participou nas anteriores eleccións europeas, formando coalición con ERC, Aralar ou Eusko Alkartasuna, obtendo o  9,08% dos sufraxios galegos, é unha evidencia que só ignora a ignota e resentida Rosa Díez da UPyD.  A diferenza de Galiza, o criterio seguido polas xuntas electorais de Euskadi ou Catalunya foi o de computarlles a estas formacións o número de votos obtidos en 2009 no seu territorio, calculando en función deses votos o tempo correspondente nos medios públicos.

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=-BR5L51AdTI&list=UU4YxaUgRl58upntbfNBe9_A[/youtube]

Rosa Díez quere que a Xunta Electoral cumpra tamén aquí o criterio de asignación dos espazos electorais de balde segundo o que o Bloque debe ter un tempo mínimo, ao entender que non se presentou aos anteriores comicios europeos. Na actualidade, a CRTVG dedica 27 segundos diarios a informar sobre a candidatura de Ana Miranda (fronte aos 150 segundos do PP, os 105 do PSdeG e os 14 de AGE). No seu recurso, a UPyD quere que o tempo adicado ao BNG se reduza a cero e que se se elabore un novo plan de cobertura informativa “con exclusión do BNG, en tanto non ten neste proceso a consideración de forza parlamentaria”.

Os centos de documentos, fotografías, vídeos, escritos que mostran a súa presenza na Eurocámara entre xaneiro de 2012 e xuño de 2013 son un o resultado dun simulacro e dunha trola masiva, posible grazas ás novas tecnoloxías”.

Desistan os lectores de consultar o Ollaparo logo da visita a Cedeira, a entrevista co patrón maior da Confraría   ou cando baixou a interesarse pola situación da praia da Madalena, todo foi unha trola. 

BNG vén de admitir publicamente que “Ana Miranda non existe, que non é máis que unha invención da formación nacionalista coa intención de rendibilizar esta ficción con fins electoralistas e coarse nos informativos dos medios públicos galegos”

Ditro doutro xeito,Rosa Díez  e UPyD  non o saben, mas non se entra doadamente na vergoña de deixar de querer ser libres. É o españolismo de novo cuño, de raiceira máis xacobina que nacionalcatólica e en parte por iso, tén o seu abrollo e principal eixo ideolóxico na reacción contra o nacionalismo vasco, catalán e galego. Un partido monotemático, calculadamente ambiguo no eixo dereita-esquerda e que complementan o seu españolismo cun discurso rexeneracionista e grandes doses de resentimento.

 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=kMXj9vDLt7g[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off