off
Cedeira, Política — 29 Marzo, 2012 at 11:54 a.m.

BNG de Cedeira

by

A redacción de Olláparo vén de recibir tres documentos do Consello Local do BNG de Cedeira dirixidos á cidadanía. Olláparo, sen agochar a súa liña editorial nen o seu pensamento proxectouse sempre aberto a simpatizantes e detractores , mantendo o ofrecimento aos partidos e colectivos locais que queiran expresar ou informar á cidadanía cedeiresa as súas propostas.

No primeiro documento, achégase a presentación do Consello Local, quedando constituido por  Cristina Prieto Lago (responsabel local), Antón Iglesias Pérez, María Xosé Rodríguez e Fernando Igrexas Bouxa.

 Os outros dous, corresponden a mocións con rexistro de entrada no Concello de Cedeira os dias 5 e 20 de marzo de 2012,  onde se pregunta ao Goberno local pola situación dos traballadores da empresa Celta Prix  e qué subvencións solicitou o  goberno local á Deputación  para 2012. Asemade, os responsables locais do BNG interésanse pola praga de procesionaria que ateiga os piñeiros do Areal e o seu impacto na saúde dos nenos e nenas do Nicolás del Rio. Finalmente, e ás portas da Semana Santa,  o novo consello local preocúpase polo estado de degradación do Areal (lembrarán que a primeira intervención de recuperación vaina realizar o goberno de Xan Xosé Rodriguez baixo as ácedas críticas do actual goberno do PP, daquela na oposición)  e por qué a zona de descanso do Castelo da Concepción permanece fechada ao público.

5 Comments

  1. Escoitei unha conversa o mércores á noite, cando empregad@s de Celta Prix facían quenda apuradamente para cumprir con esa xornada solidaria d@s traballador@s que é a participación na Folga Xeral. Pois como deben ser considerados como moi rebeldes (defenden os seus dereitos sen medo coa CIG) e iso considérase semellante a ser un fopeiro e un maleante…
    Non se lle foi a meloeira a un peitiños de espetar diante miña que si tivera unha pistola mataba a todos, en referencia a estes operaios de Celta Prix e afirmou “e outros pró sitio!”…isto foi o que escoitei dun Milhomes como tantos hai con complexo de homologado (servos da glebalización que creen que poden ser mais aceptados por aqueles que os axeonllan, apedreando a quen non se rende namentras saborean un tinto…surrealista, máis a vida cotía mesma).
    O certo e que o tempo de calar xa pasou…calar, calar é moita precaución! dícía Celso Emilio Ferreiro e como creo con fervor na irmandade entre os traballado@s eu tamén falei:

    Garda as balas para os banqueiros e os seus lacaios e non para a xente que traballa e pelea!

    Obrigad@s

    • Sonche os Fernández Losantos de taberna. A cobardía tomando un tinto Rioja. O que foi ouveador oficial da Cope, horas antes da Folga, esbardallaba -pois non sabe facer outra cousa para ter audiencia- coa posibilidade de que os carros da policía atropelaran manifestantes (sic.). As raiceiras de tanta xenreira veñen de atrás: o egoísmo moral do individuo que tan ben exalzou o franquismo e se afianzou co liberalismo como ideoloxía do capitalismo fai estragos entre quen non ten máis referente que o individualismo e os seus próprios intereses. A ignorancia é temeraria e leva á cobardía moral.
      O patético é comprobarmos que non teñen nada de que presumir: o seu país, Galicia, o seu pobo,Cedeira e a súa bisbarra, Ferrolterra-Ortegal, dependeron todos estes anos dos subsídios da UE. E o PP-SOE non aproveito para crecar tecido productivo senón para alimentar o clientelismo sen xeito nen sentido. A xente nova non ten motivos para quedar. Non hai consciencia da dependencia e de que a única saída é que os galegos teñamos máis soberanía fronte á poderosa ideoloxía de mercado mundial e española. Si,a ideoloxía española de mercado que ten asimilado ao traballador galego e adormecido a súa capacidade crítica a través dos medios de comunicación. Ninguén pode pechar os ollos ao antagonismo existente entre nacións capitalistas (España vs.Catalunya)…e Galicia missing, renunciando a exercer as súas competencias. O paifoco que gostaría de meterlle un tiro a un veciño- pensemos que só é unha metáfora pouco acaída que o viño tirou dos miolos- amosa unha rivalidade que é a da ideoloxía imperante, fala por si mesma: o ser máis significa o ser menos outros, o beneficio de uns significa o perxuizo dos outros. E negociar, é sempre en interés e en beneficio dos económicamente máis fortes. O veciño pistoleiro debería ver máis cine (ía dicir pensar)…mais acho que tanto lle ten.

  2. Gelo do Moure

    Por fín podemos estar contentos de que o BNG de Cedeira se decidise de informar ós veciños das súas actividades e do novo Consello local. Se o seguides facendo así teredes futuro. Gelo e Belén

  3. eu tamen son traballador de celta prix, e estou de acordo co meu compañeiro manuel , grazas polo apoio e a preocupacion por parte vosa

  4. Quero manifestar como traballador o meu agradecemento ao BNG. Asistin ao pleno como traballador que son da plantilla de Celta Prix.
    Aproveitando o espazo que me brinda Ollaparo reiterar o meu compromiso para que os diferentes grupos que nos representan no Concello teñan a informacion precisa sobre a situacion da empresa concesionaria da limpeza.
    E por ultimo quero deixar claro o meu interese na defensa dos meus dereitos como traballador, non como actor da vida politica se non como actor activo da vida laboral e a prol da defensa dos dereitos laborais asi como dos dereitos dos veciños de reciber o mellor servizo posible.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off