off
Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 5 Xuño, 2019 at 8:12 a.m.

O de Xan Carlos I: un compendio de notícias falsas, pós-verdade e neolinguaxe

by

“O bon de ter pouco coñecimento é que entón temos menos para esquecer”
(Lido na promoción dun filme)

Desde os ditirambos que a imprensa (privada e do Movimiento) adicaban a Franco por mor da súa onomástica ou calquera outra ostentación de laia semellante, nunca se tiñan lido eloxios unánimes a un autocrata como hai uns dias nos medios, ao Rei Emérito após sua descida para a segunda división. A exibición eloxiosa e a paifocada cortesana  foran tais que somente faltou ser declarado Feriado Nacional. O xornal El País, o defensor máis solvente da monarquía restaurada polo ditador, expresaba esa admiración xeneralizada nun editorial con chamada en primeira páxina titulado “Tributo debido”. E neste caso, ao eivado portaaeronaves do Grupo Prisa aconteceu  como aquele político da Transición que só adiviñou qcando estaba errado.. Porque, efectivamente, o reinado de Xan Carlos I foi un gravame ao pobo español sen consenso nen medida.Á ilexitimidade de orixe debe ser acrescentada unha legalidade de exercício baseada na corrupción como manda a tradición, desde Fernando VII, o agora aplaudido celebrou a súa segunda abdicación asistindo a unha tourada en Aranxuez, onde contan as crónicas recibiu un aplauso por parte do público e digno das mellores  touradas.

Graffito nunha rua

Segunda abdicación e certamente cos mesmos truques e opacidades do primeiro. O proxetado polo chefe do goberno do PP, Mariano Rajoy, e polo líder da oposición socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba. Os dous principais notários do duopólio dinástico hexemónico, o conxunto PP-PSOE, tanto montan no rebaño. Entón chamaranlle unha abdicación para o ben, para dar conta da boa disposición do monarca na hora de efetivar a sucesión na figura de seu fillo na altura príncipe Filipe.

Mas á forza aforcan! Na verdade, foi uma abdicación por corrupción. O grande escándalo do “caso Noos,” grazas ao traballo incansábel de un xuiz de sobrenome Castro honesto e coraxoso, tiña varrido unha parte da família real, na persoa de sua filla, a princesa Cristina e seu marido Urdangarin, mas tamén ameazou a própria institución. Era necesário impor un cordón sanitário que evitase a deflagración total. Sabese que no relatorio, apesar da ación subterránea pda CNI en e-mails de Zarzuela, habia sinais preocupantes sobre a cumplicidade da Coroa na trama da máfia organizada en maior medida.

De aí, o conto da abdicación ora pro nobis. Quen fai a lei fai a trampa, e neste caso o monstro consistiu nun mete-saca. Afastouse a  Xan Carlos do primeiro plano executivo e investíuselle co título inexistente na nosa lexislación de Rei Emérito. Co único propósito de que ao mesmo tempo que seguía cobrando do Orzamento do Estado manteve o parapeito da inmunidade que o fixo impune durante o seu reinado a tantas alegacións e acusacións de todo tipo e calibre. Tudo iso, xa dixen, sen que haxa lexislación que xustifique o novo status de privilexio e, claro, sen ninguén, ou entre partidos políticos ou polo “cuarto poder”, fixeran crítica ningunha à medida abusiva . Con estes trazos cinxidos asistimos á revelación de novos episodios de corrupción a mao libre (como os que espallou a ex amante princesa Corinna) e fitando a súa augusta figura pasando a mao polo lombo do xeque principal de Arabia Saudita que deseñou e ordenou o asasinato e desmembramento do xornalista opositor Khashoggi no seu consulado de Istambul. Simplesmente, Xogo dos Tronos.
E teimamos, fake news, pós-verdade e neolinguaxe, encanto a Segunda Transición é transposta sobre os excrementos da Primeira, estrume e adubo daquela democracia sen democratas que entregamos en depósito. Porque ao fervor da ordenanza se uniu o silencio sepulcral da clase institucional, para que quen se move saia da foto. Asin, deixamos de ser un país con dous reis (o funcionario e o do tributo-trabuco), o que só aconteceu no Vaticano, e iso porque ten a dispensación divina, para acabar de novo sen un proceso constituinte, por imperativo real. E como as segundas partes nunca foran boas, pasamos do Bourbon do Caudillo para o “a por ellos!” sen paraxe.
Amence, e non é pouco.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off