off

O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU pede a libertación imediata de Junqueras, Sànchez e Cuixart

by

 

O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU emitiu unha opinión muito dura contra a España e até pede ao Estado que indenize os prisioneiros. Malia non ser vinculativa  é xeralmente considerada nos tribunais internacionais xa que é unha entidade ligada às Nacións Unidas, formada por especialistas independentes en dereitos humanos, que analisa posíbeis casos de prisións e detencións arbritarias dos estados. 

Segundo o xornal Nació Digital, o Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU mesmo afirma que o Estado deberia indenizar prisioneiros por privación de liberdade antes de emitir unha sentenza. Os pormenores desta resolución non serán coñecidos nesta cuarta-feira à tarde en Londres nunha conferência de imprensa convocada polo avogado Ben Emmerson.

 

No inverno de 2018, este avogado especialista en dereito internacional e dereitos humanos apresentou unha carta à ONU solicitando a opinión do grupo de especialistas sobre a prisión dos líderes pró-independencia. Fixo iso en nome de Junqueras e os Jordis,agás Joaquim Forn, que acabara deixar a acta de  deputado e abandonou a atividade política e non aderiu. O avogado argumentou que eles estaban no cárcere por razóns políticas, como a defensa do dereito à autodeterminación. Alén diso, sua detención viola os dereitos de asociación, expresión, opinión política e participación na vida pública, ou que seu dereito a un tribunal imparcial está sendo violado e a preparar a defensa.

Em declaracións ao Guardian Emmerson afirmou que “esta decisión debia marcar un ponto de viraxe na política española face à Cataluña. A España age en flagrante violación da lei internacional, como foi agora apontado polo organismo da ONU con mais autoridade sobre a cuestion das detencións arbitrárias”. Caso a España non liberte de imediato todos os presos políticos e se sente à mesa das negociacións, “o goberno de Madrid irá ter de enfrentar en breve a opinións pública internacional”, concluiu o avogado especialista en Dereito Internacional.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off