off
Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 6 Xuño, 2018 at 8:37 a.m.

O interese xeral en chave particular

by

Así que asumiu a presidencia Pedro Sánchez, tres primicias foran destacadas: que  é o primeiro inquilino de La Moncloa que manobra en inglés sen a necessidade de un intérprete; que tamén é o primeiro a prometer o ofício sen ter diante unha bíblia e un crucifixo; e que tamén é o primeiro a acesar a posición sen ter pasado polos inquéritos. Várias cuestións de valor indeterminado que cada un pesa de acordo coa suas vendas ideolóxicas. Alguns o facen para valorizalo positivamente, como un precursor das mudanzas progresivas que poden ser esperadas, e outros para cuestionar sua lexitimidade democrática de acesso ao poder. Todos xuntos polo “interese xeral”.
E aínda, se controlas  o filme do sucedido desde a aprobación dos Orzamentos Xerais 2018 con Mariano Rajoy ao mando, até a súa desfenestración após a moción de censura, mostrase que é mais o que xungue alguns  que o que os separa. Censores e censurados, derrotados e vencedores, actuaron sob o mesmo selo político. Ese “saber-facer” que inspiraba a Maquiavelo considerando que a arte do goberno non esixe ética ou estética. Apenas feitos realizados. Que o fin xustifica os meios e que o talento político reside na capacidade de inventar unha teleoloxia sedutora que xustifica a probidade dos meios utilizados. Gato branco, gato preto, o importante é que apaña ratos.
Comezou a aposta do Partido Nacionalista Basco (PNB) cando, despois de proclamar urbi et orbi que nunca apoiaría os orzamentos do PP mentres seguise vixente o artigo 155 en Catalunya, virou en redondo (“sen complexos”, retrucou o metedizo Andoni Ortuzar) e puxo a súa firma sobre as contas despois de arrincar ao goberno da nación unha partida extraordinaria para Euskadi de 540 millóns de euros. E despois, coa seguridade dada polo promotor da moción de censura de manter tan suculento dote, cambiou de bando e puxo os seus votos a disposición de Sánchez para tombar ao dispendioso Rajoy. A razón esgrimida para semellante arregazada foi que tras a sentenza do caso Gürtel era imposibel manter a palabra dada por sentido da responsabilidade. Nen era verdade nen foi ben achado. O mesmo día en que o PNB dixo si a Rajoy era profusamente detido o ex ministro de Aznar Eduardo Zaplana e o fallo sobre Gürtel, que se publicaría xusto ao día seguinte, xa era coñecido nos cuarteis xerais dos principais partidos. Ai desa man inocente que desde o CXPX leriaba aos seus padriños políticos mesmo a frase de censura a Rajoy que destilaba a sentenza!
Vamos seguir coa fronte-mantra “hai que botar a Rajoy da Moncloa”. Temos a Unidos Podemos, que co seu consentimento incondicional ex ante deixaba ao PNB ca súa minguada mochila de cinco escanos como supremo decisidor. Primeiro neutralizando os seus poderes e logo reactivándoos como ameaza ao Euskadi Buru Batzar (EBB) ao manifestar que se a moción de censura do PSOE fracasaba estaba disposto a pór os seus 71 deputados a disposición dunha réplica instrumental para convocar eleccións (en liña do reclamado por Ciudadanos). Desta maneira “o pablismo” fechada un camiño de memoria, o que deostaba ao bipartidismo a granel (“PSOE, PP, a mesma merda é”), e exploraba unha nova senda confluíndo co PNB, o único partido confesional do Estado (a súa lema, “Jaungoikoa eta Lege Zaharra”, podería interpretarse libremente “Como Deus queira”) que rexe na comunidade tradicionalmente máis privilexiada de España, e o nacionalismo catalá do “tres por cento”, até semanas antes desleixado por corrupto e base da súa equidistancia entre o Procés e o 155. Mutis polo foro igualmente sobre os axustes e recortes introducidos no mercado laboral e o sistema público de pensións polo PSOE de Sánchez deputado, o 135 ou o macroxuízo dos ERE que ao mesmo tempo se asisaba na sesión da audiencia andaluza. Non hai compensación bastante para semellante sacrificio por parte dunha forza emerxente antisistema.
E onde se fan, tamén se levan, ficaba vermos, agora de brazo dado do malferido PP no senado, a última pirueta con que os aparellos dos partidos fitan o que enxergan por “representación democrática”. Abusando da súa maioría de control na cámara alta os populares anticiparon emendas selectivas ao seu propio orzamento na parte que antes beneficio aos peneuvistas. Todo coa perversa idea de devolvelos ao curro e que entre os conxurados aflore a diversidade incompatible que en orixe lles determina. Un xesto hostil que mereceu o epíteto de “vingativo” polos mesmos que antes o abandonaran. Sen ao parecer importar demasiado que os de Xénova 13 partillaran aliñamento contra os orzamentos do PP-PSOE (en realidade tamén o son de PDECAT, ERC, EH Bildu, Compromís e Nueva Canarias) cos seus pares de pupitre de Unidos Podemos no Senado.
Ás veces o interese xeral asume razóns particulares. Quizais por iso arestora temos un goberno a  frente do cal hai un presidente que non presentou programa de goberno. Por tanto, e só na teoría, nada o compromete ante a cidadanía.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off