off
Política, Politica espanhola — 23 Marzo, 2018 at 9:48 a.m.

Marta Rovira non aparece no Supremo e anuncia nunha carta que vai para o exílio

by

 “Hoxe empreendin un camiño difícil. O camiño do exílio”, afirma nunha carta dirixida á militancia do seu partido que vén de difundir varios medios cataláns. A secretaria xeral de Esquerra Republicana de Catalunya, cando a segunda volta da investidura está nas maos do xuiz LLarena, anunciou que non se presentará no Tribunal Supremo onde estaba citada ás 10.30h. A dirixente republicana, que onte renunciou ao seu asento no Parlament, deixa claro que marchar é a “única forma que ten de alzarse” en contra do Goberno  do PP que persigue a quen está a favor de votar, e pune a quen intente mudar o establecido. ” Un Goberno- acrescenta- que stá disposto a saltarse o estado de dereito e as liberdades civís para cadar os seus fins políticos”.

“O exilio será un camiño duro, mas é o único xeito de recuperar a miña voz política. É o único xeito que teño que facer fronte ao goberno do PP, que persegue a todos os que están a favor da votación e quen castiga a calquera que intente mudar o preestablecido e o establecido. Un goberno que está disposto a ignorar o estado de dereito e as liberdades civís para alcanzar os seus fins políticos. Teño unha filla, Inés. As nais saben como a amo. E o forte é o sentimento de darlle todo o que lle podo dar. O desterro permitirame facer de nai e mereceo. Moito”

“Sintome triste, mais triste ainda teria sido viver silenciada interiormente, sentir a miña liberdade de expresión censurada por tribunais que intimidam e que aplican – desrespeitosamente – critérios políticos”.

“Todos os dias, a cada hora, sentia miña liberdade limitada por ameazas xudiciais arbitrárias. Non me sento libre. Non me recoñezo. Nas últimas semanas vivin dentro de uma prisión interna “, explica Rovira, acrescentando:” O exílio será un camiño difícil, mas é a única maneira de recuperar miña voz política “.

Quero dicirche unha última cousa. Non permitas que o resentimento tome conta de ti. A análise dunha realidade antidemocrática e profundamente inxusta non debe dar lugar ao resentimento. Contra ninguén. Contra nada. Só o respeito e amor para con todos os cidadáns e todas as opinións artellarán mudanzas radicais e profundas. bastante radicais e profundas. Somente a partir do traballo conxunto conseguiremos unha República para todos.”

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off