off
Europa, Politica espanhola — 25 Xaneiro, 2018 at 11:12 a.m.

A xuiza española no TEDH di que os homosexuais “teñen unha patoloxia”

by

María Elósegui afirma nun libro, mas  reiterou en diferentes artigos e entrevistas que os transexuais precisan de “terapia” e non de “cirurxia”


Acontece que Elósegui é a xuiza que representará a España no Tribunal dos Dereitos Humanos (TEDH) despois que Francisco Pérez de los Cobos non superara o exame por non saber nen inglés nen francés. O dixital ‘eldiario.es’ publica hoxe a opinión que tén  Elósegui dos homosexuais e transexuais.

Nun artigo publicado no xornal ‘El Comercio’ (Perú maio de 2014,) Elósegui analiza a decisión do Tribunal Constitucional peruano para denegar a mudanza de sexo a un  transexual operado en España. A catedràtica dubida que as cirurxias pagadas con diñeiro público sexa a mellor saída para unha persoa transexual e propón como solución  “as  terápias psicolòxico-psiquiàtricas”.

 

Nunha revista vencellada ao Opus Dei , afirma:

“Para moitos, o sexo biolóxico e o xénero, isto é, os papéis sociais, non están relacionados, para que poidamos construir nosa identidade sexual fora do noso sexo biolóxico. No libro, vemos como esa construción de identidade sexual alén do sexo biolóxico, é viável devido à liberdade humana e que os seres humanos non están determinados pola bioloxia. Mas o que podemos facer (sempre dentro das marxes, xa que non podemos mudar noso DNA masculino ou feminino), non significa que o equilíbrio sexa positivo, mas afectará a construción da personalidade. Portanto, o resultado non é indiferente. Aqueles que constroen e realizan seu comportamento sexual de acordo co seu sexo biolóxico desenvolverán un comportamento equilibrado e saudábel, e aqueles que se esforzan para ir contra sua bioloxia desenvolverán patoloxias diferentes. Iso é claro “

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off