off
Globalização, Mundo, Traballo — 13 Xaneiro, 2017 at 8:21 a.m.

España, un dos paises con máis traballo temporal e parcial involuntario segundo a OIT

by

Segundo os dados do derradeiro informe da Organización Internacional do Traballo (OIT), España é un dos catro paises com máis cárrega de traballo temporal e parcial involuntario. O segundo con máis temporalidade- o primeiro é Chipre- e o cuarto en contratos a tempo parcial involuntario. O ano 2015 só foi superado por Grecia, Chipre e Italia.

No outro extremo, Austria e Alemania son os paises onde hai menos asalariados que traballan a tempo parcial de xeito non voluntario. Segundo o informe da OIT, o estado español tamén está entre os que superan a media europea en risco de pauperización, quer dicer, onde hai unha proporción máis alta de empregados que cobran menos do  60% do salario medio do país. O chamado de atención sobre cualidade dos postos de traballo novos que se están a crear en España contrasta co recoñecimento de que será un dos poucos paises onde se prevé un “crecemento significativo”  da ocupación durante 2017 xunto con Irlanda, Croacia, Holanda e Portugal. Feito que revela un mercado de traballo deficiente nun contexto no que a OIT prevé que a taxa de desemprego muncial crecerá unha décima este ano até o 5,8%. O que supón que  millóns de persoas ficarán sen traballo e a totalidade de desempregados superará os  201 millóns de persoas en 2017. Efectos todos eles segundo a OIT  que ainda han deixar a súa pegada no mercado de traballo ao longo deste ano. Unha pauperización do proletariado europeo e mundial que alarga ainda máis as desigualdades laborais e sociais entre sexos, no tipo de  contractación e nos salarios.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off