off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 23 Febreiro, 2016 at 6:39 p.m.

Sánchez acepta a “reforma exprés” da Constitución que propón Rivera opondose a convocar un referendo en Catalunya

by

Mais unha viraxe á dereita e outro simulacro do PSOE liberal-pragmatista sen contar con medios. O documento de 66 páxinas plantexa “oporse a todo intento de convocar un referendo co obxectivo de impulsar a autodeterminación de calquer territorio de España”. Non ao referendo en Catalunya ou a calquera outro. Porén o acordo marco entre o  PSOE  e  Ciudadanos para a  investidura, precisaría do apoio de máis partidos.


Os neoliberais reclaman supremer deputacións e aforamentos mas tamén necesitarán os votos do PP. En calquera caso, Sánchez afirmou pola tarde que se as peticións son estas “haberá acordo” sen entraren nas politicas económicas, servizos públicos e políticas sociais. Os puntos que Rivera  pide mudar e Sánchez accepta en “un pacto da lexislatura e de investidura” (precisan más votos que os 130 que suman socialistas e neoliberais) son:

  • Suprimir os aforamentos, os políticos que son xulgados polos Tribunais Superiores de Xustiza, unha figura que só ficaria reducida a deputados e senadores.
  • Pasar de 500.000 a 250.000 as firmas que se precisan para tramitar iniciativas lexislativas populares no Congreso.

  • Reforma do sistema de eleción dos maxistrados do Tribunal Constitucional, o Tribunal Supremo e o Consello do Poder Xudicial para despolitizalos.

  • Suprimir as deputacions. De feito, lembrou, o PSOE  prometeuno nas xerais do 2011. Ficarian á marxe as deputacións forais (as tres vascas e Navarra) e os consellos insulares das Baleares e Canárias. O PSOE propón substituilas por consellos de alcaldes.
  • Limitar a  oito anos os mandados do presidente do goberno

A aceptación destas tímidas reformas por parte do PSOE servirá segundo Rivera para que o seu partido plantexe votar si a investidura de Pedro Sánchez, quer dicer, un xeito de pactar co PP sen pactar co PP e sen incomodalo de máis ( quen espera o fracaso do Sánchez para volver intentalo). Rivera, o novo pito no poleiro, precisa amosala crista. No meio de todo isto non se albisca sentido de realidade: nen PSOE nen Podemos teñen apoios que se precisan para manter as súas posicións.

Desbotou definitivamente Sánchez un pacto con Podemos ou trátase de darlle unha cura de humildade? A quen queren seducir se o acordo de “reforma exprés” da constitución precisa decenas de votos para poder mudala e para a investidura?

Federalismo perfumado

Unha suposta reforma que aprobarian os dous partidos dinásticos españois co concurso dos neonacionalistas españois de Ciudadanos e sen contar coa opinión da cidadanía, nomeadamente unha das máis perxudicadas co actual rexime fiscal español: a galega. Nin decir ten os que están fora de foco, como os traballadores e traballadoras menos cualificados e os migrantes.

Ponse de relevo mais unha vez a fasquía neoliberal do presente, o si ao ditado da troica, a falta de referencia á reforma territorial (o recoñecemento de que hai un problema de organización territorial) , ao cabo, o falsario e perfumado federalismo do PSOE. E prefigura no terceiro ausente, Podemos, o responsabel de no teren acadado acordo nun posibel cenario eleitoral. Iglesias albisca asín o límite da súa ambivalencia e voraz exposición mediática. De tirarse adiante a mudanza da intocabel “Constitución”  semella que seria máis unha vez de costas aos cidadáns e na que non se fita medida ningunha de articulación dos intereses de Galiza  perpetuando a submetemento económico, fiscal, cultural, lingüístico e político de Galiza a España.


Ao mellor tamén che interesa:

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off