De confirmarse definitivamente os resultados Irlanda sería o primeiro país que recoñece o matrimonio entre parellas do mesmo sexo nun referendum.
Os resultados provisionais sinalan que en Dublín o apoio ao matrimonio de parellas do mesmo sexo chega ao 60%. O escrutinio provisional sobre a legalización domatrimonio homosexual en Irlanda apunta a victoria do si, segundo informou a televisión pública RTE, impóndose en case todas as circunscripcións de Dublín e en moitas zonas rurais. O primeiro irlandés, o democristiano Enda Kenny agradeceu aos milleiros de mozos emigrantes ou desprazados que voltaron ao país expresamente para votar no referendum sobre o matrimonio homosexual.
Os analistas afirman que o voto de mocidade contribuiu decisivamente á clara victoria da proposta do Goberno de Dublín de coalición entre conservadores e laboristas, chegando a participación a un nivel que podería achegarse ao 60%, por riba doutros plebiscitos celebrados.