off
Cedeira, Ciencia, Livros, Ortegal — 26 Abril, 2015 at 4:49 p.m.

Preséntase a “Guía xeolóxica de sete xeorrutas no Concello de Cedeira” e o proxecto de Xeoparque do Ortegal

by

A reaberta sala Áncora acolleu onte a presentación da Guia e do proxecto de Xeoparque do Ortegal


 

CandieiraO xeólogo Francisco Canosa fixo a presentación acompañado do mestre e naturista Rafael Loureiro, autor do imprescindible blog “Ao noroeste do noroeste” e ideador da proposta de acadar a denominación de Xeoparque do Ortegal. O acto contou tamén coa presenza  do alcalde Luis Rubido xa que a  “Guía xeolóxica de sete xeorrutas no Concello de Cedeira” vén de ser publicada polo concello nunha tirada de mil exemplares, a portavoz do BNG María Xosé Rodríguez, o cronista local Rafael Usero e algúns membros da asociación

Á presentación do libro segiu un  interesante debate que serviu para coñecer polo miúdo os detalles que alentan a proposta de visibilizar as especificidades minerais e botánicas do cordal da Capelada como activo tamén de desenvolvemento local.
Itinerarios de interese xeolóxico

Cabo Orteal ten sido un foco de atracción para os xeólogos na medida que a súa códia é un laboratorio no que estudar rochas que están a  máis 40 quilómetros cara o interior da Terra e teñen por volta de 400 millóns de anos. Esta guia propón un roteiro litoral polos cantís de Teixido, percorrendo os xacementos e proliferacións de titanio, cromo granate e as praias de area negra non volcánica do litoral.A presentación permitiu coñecer o proxecto do Xeoparque e a recén creada asociación de “Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal” orientada á necesidade de soeguer a declaración de Parque perante a UNESCO e recuperar o patrimonio xeolóxico, favorecendo a consevación e transformándoo nun recurso de dsenvolmenteo sustentable a través de diversas líña de actuación como a divulgación, a conservación, a educación, a investigación en xeociencias e o turismo.

Valor comarcal

A idea do xeoparque afectaría aos Concellos de As Somozas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño e é una idea integradora onde tamén caberían o patrimonio arqueolóxico, ecolóxico…Mágoa que tan alentadora idea non tiver más repercusión entre a cidadanía cedeirense se ben os promotores do proxecto animaron  aos partidos políticos a que incorporaran a idea nos programas de goberno

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off