off
Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 19 Setembro, 2014 at 9:20 a.m.

O debate sobre a res publica

by

Estamos a vivir un momento histórico preñado de esperanzas e desafíos que algúns tratan de sufocar botando man do manido mantra da eficacia a calquera prezo. Nesa conxuntura, todo indica que o mellor antídoto para evitar a súa sabotaxe é alagar todo o proceso de toma de decisións de democracia directa. Con todo, tampouco se nos escapa que en España unha simples reforma pode percibirse como un terremoto para o sistema. Como o vaivén monarquía-república.

A vella pugna monarquía-república hoxe en día está felizmente superada en todo o mundo pola realidade dos feitos. Hai monarquías que impulsan sociedades abertas e repúblicas que encobren perversos modelos de dominación e ignominia. E viceversa. Todo depende da existencia dunha sociedade civil que exerza a soberanía real por encima do ritual institucional. Aínda que sempre hai excepcións, e España é unha desas rarezas.

Mália o tempo transcorrido, aquí e agora o conflito entre monarquía e república segue sendo transcendente. Continúa cargado de valores contrapostos. Baixo a súa dialéctica xúnguense posicións conservadoras e mesmo reaccionarias fronte a outras que sosteñen dinámicas progresistas. Mesmo por encima do sempre acomodaticio fiel da balanza entre dereita e esquerda.

Convén lembrar que a Segunda República traía na súa fardela, entre outros cambios en profundidade, a reforma agraria, a laicización da sociedade, o reaxuste de Exército, o sufraxio universal masculino e feminino, a declaración de dereitos relativos á familia, a constitucionalización do dereito de sindicación dos funcionarios e a aprobación dos estatutos

Próbao, máis unha vez, a identidade de voto entre o Partido Popular (no goberno) e o Partido Socialista Obreiro Español (na oposición nominal) no debate proposto respeito diso no parlamento pola Esquerda Plural. O atado e ben atado con que a ditadura instituiu a Segunda Restauración borbónica ao designar a Juan Carlos I rei, volveu a xuntar a PP e PSOE. O que Franco uniu que non o separe a democracia.

Por que esa relutancia da sedicente esquerda socialista á república? A que vén tanta fidelidade da dereita vernácula cara  á monarquía? Seica non foron as dúas experiencias republicanas, a federal de 1873 e a popular de 1931, obra preferente de nosa sempre incipiente clase burguesa? Máis ou menos ilustrada mas burguesa, por máis que a liturxia oficial a teña colonizado como contubernio de vermellos. Quizais a resposta estea en que aquela reforma supuña unha ruptura nos termos históricos do momento. De aí as resistencias liberticidas que desataron nas cúpulas dos poderes fácticos.

Convén lembrar que a Segunda República traía na súa fardela, entre outros cambios en profundidade, a reforma agraria, a laicización da sociedade, o reaxuste de Exército, o sufraxio universal masculino e feminino, a declaración de dereitos relativos á familia, a constitucionalización do dereito de sindicación dos funcionarios e a aprobación dos estatutos basco e catalán. Modificacións de calado, reformas en termos legais, realizados por vía democrática no marco dunha constitución que foi referendada por 368 votos a favor e ningún en contra. Iso e o feito perturbador de que aquela república chegase a lombos dunhas eleccións municipais, debe abaixo, no redemoiño da gran depresión económica do 29, inciden para que 83 anos despois PP e PSOE coincidan en negar un referendo sobre a forma de Estado.

…foron o PCE e o PSOE quen mutaron o seu ideario republicano para aceptar a Monarquía do 18 de Xullo, insuflando así unha desmobilización das súas bases eleitorais

Porén, eses intereses cruzados mantidos ao longo dos anos produciron outros danos colaterais. O máis notorio consistiu en facer dos partidos de esquerda un trasunto operativo da dereita, unha das súas marcas brancas. Nin por pasado nin por sabido debe solaparse  o feito clave de que foron o PCE e o PSOE quen mutaron o seu ideario republicano para aceptar a Monarquía do 18 de Xullo, insuflando así unha desmobilización das súas bases eleitorais que durou até  que o desamparo producido polo impacto da crise económica  revelou a amplos sectores da cidadanía que “o rei está espido”.

Circunstancia nada conxuntural como demostra esta enésima votación dos socialistas a favor da casa de Borbón e que os comunistas, hogano de volta á fe republicana desde a plataforma de Esquerda Unida, nunca recoñecesen publicamente a súa decisiva claudicación. En realidade nin a dereita de hoxe é aquela dereita franquista, nin a esquerda actual supón unha continuidade da esquerda do onte. Todos os partidos políticos institucionais sufriron unha abdución polo centro, achatándose polos extremos e reforzando as súas pulsións autoritarias.

…o modelo de partidos maioritarios en España configura unha arquitectura política neofeudal.

Agora mesmo, mentres Pedro Sánchez impón o voto-rodete a todos os deputados do PSOE no último debate sobre a lexitimidade da monarquía, en Francia pola contra o goberno socialista vía como 31 dos seus representantes na asemblea nacional rexeitaban o “plan de axuste” do executivo. Se un fose marxista, que non é o caso, poderiamos conxeturar que o modelo de partidos maioritarios en España configura unha arquitectura política neofeudal. Dado que a vixente constitución outorga aos partidos a condición de axentes fundamentais para a participación política, e que estes se rexen interna e externamente case con patente de propiedade privada, os cidadáns, lonxe de constituír o poder soberano, son lacaios desa oligarquía. “Caste” esta que, como na teorización aludida, desenvolve as súas correspondentes relacións de produción que serven para reproducir o sistema ao seu favor baixo a figura do clientelismo.

Semellante baile de disfraces fixo posibel que conspicuos representantes do statu quo, como Juan Luís Cebrián, factótum do Grupo Prisa, poidan asimilarse como detractores da dereita. Nunha recente comparecencia no Foro Nueva Economía, un deses lambe-cús que organizan os medios de comunicación, o xornalista que dirixiu os servizos informativos na TV de Arias Navarro, alias  “carnicerito de Málaga”, acaba de cualificar de “incribel monstruosidade” a proposta do PP para que nos concellos gobernase a lista máis votada. Quer dicer, pasou pola esquerda ao líder do PSOE, Pedro Sánchez, pillado nun si mas non, debido ao lastre que supón para o seu partido ser o primeiro en levar esa medida no seu programa.

Semellante baile de disfraces fixo posibel que conspicuos representantes do statu quo, como Juan Luís Cebrián, factótum do Grupo Prisa, poidan asimilarse como detractores da dereita.

Hai verdades mutantes que non deberían deixarnos indiferentes. De igual maneira que rexeitar de plano calquera reforma sen ter en conta as circunstancias pode significar un perigoso adanismo político, menosprezar as afirmacións dalgúns cérberos do réxime ás veces induce a limitar o noso campo de visión simplificando a complexidade da aposta social. Por exemplo, cando ao falar de Podemos o editor de El País augura que  se os antisistema intégranse no sistema,  tórnase mellor, e os antisistema desaparecerían por entrar nel. Impecabel análise, mas tamén unha cita de autoridade. Fala a voz da experiencia do gran cronista daquela transición por integración.

Outra cousa moi diferente é que, logo, envalentonado ante unha audiencia entregada ao aplauso fácil e o canapé, Cebrián dixera facerlle graza que os líderes dun partido antisistema se apeliden Igrexas e Monedero. Aquí sobresaía o xornalista máis cínico e camaleónico. O que fixo carreira desde o periódico Pueblo, órgano dos sindicatos verticais, ás ordes do corrupto Emilio Romero, até a dirección de El País, tras suplicar a Manuel Fraga, o seu promotor, que o nomease a el e non ao franquista Carlos Mendo. Realmente ocorrente Juan Luís Cebrián coa chiscadela de nomes. Afinal , aínda colea a súa rendida homenaxe a un banqueiro que blasonaba do apelido Botín no seu cartón de visita.

Conclusión. Saben morder, ainda que non razoar. Se pensasen dar conta de xa non hai prórrogas para os seus reclamos. E cando se decaten e chamen á fanfarria dunha fronte común cos que agora caricaturizan, será tarde de máis. Cada vez máis xente sabe que cumprir as súas dearradeiras vontades suporía rehabilitalos como representantes duns colectivos sociais que están a dicir adeus a todo iso a pasos de xigante. Orixinal e copia incluídos. Porque quen máis e quen menos están fartos de ter que elixir entre a “crueldade incribel” do Toro de la Vega ou que lle poñan cornos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off