off
Política, Politica espanhola — 11 Xuño, 2014 at 7:24 a.m.

O PSOE ameaza punir aos deputados que non voten a favor do recambio na coroa española

by

En moitos paises a disciplina de voto non está garantida, porén, no Estado español saltala implica escarmento (o regulamento dí que até 600 euros). Agás cando o Paco Vázquez votaba en contra da lingua galega, contra a lei do aborto ou cando comparaba sen pestanexar a inmesión lingüística en Cataluña cos pogroms nazis ou cargaba contra o dereito a decidir, sen que a banalización do ínclito ex-alcade da Coruña  e  a utilización por parte da dereita lle producira pruído ao Partido Socialista Español. Mas esta cuarta  o tema é mesmo máis delicado que o dereito a decidir catalán. Trátase de darlle apoio á monarquía e a dirección do partido deixou claro que non ia tolerar disensións, malia as críticas dalgúns socialista, algúns deles da sucursal galega do PSOE, que lembraron que o partido é republicano e se callar é tempo de que a cidadanía se pronuncie sobre o modelo de estado que nos serviron de menú único na Transición. Houbo de ser un veterano transicional quen lles lembrara ao seus compañeiros  a necesidade de darlle apoio hoxe á lei de abdicación.   “Que non se esqueza de onde vimos”, afirmou Alfonso Guerra. Se alguén ainda tiña dúbidas, Guerra clarexou que o PSOE non pode deixar sozinho ao  PP na defensa da Constitución, no sentido que para ele e Rubalcaba o que se vota non é se os socialistas queren unha república ou unha monarquía. Sen complexos. Con total decadencia. Ao cabo, a monarquía non vale nin 600 euros. Habería que preguntarlle á primeira accionista do PSOE, a andaluza Susana Díaz. 

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off