off
Movementos sociais, Traballo — 2 Maio, 2014 at 7:14 a.m.

Vigo concentra milleiros de persoas na manifestación máis numerosa do 1º de Maio

by
A manifestación de Vigo contou coa participación dos principais colectivos sociais da cidade, o histórico sindicalista francés José Bové e Clemente Durán, un dos capitáns do 25 de Abril.

A manifestación de Vigo foi  a máis concorrida  das doce convocadas pola central nacionalista CIG . Participando, ademais dos principais colectivos sociais da cidade, o histórico sindicalista francés José Bové e Clemente Durán, un dos capitáns do 25 de Abril.

  Primeiro de Maio 2014 en Vigo e na Coruña.Fonte:CIG 

Ao remate da marcha, xa na Porta do Sol, o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, incidiu na necesidade de conquistar un novo modelo socioeconómico.

“Hoxe máis ca nunca reafirmámonos na reivindicación e no compromiso por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario”.

O lider sindical  fixo fincapé en que s grandes empresas explotan os nosos recursos naturais e enerxéticos; mesmo as que tendo capital galego, teñen a súa sede social en Madrid e pagan alí os impostos.

 

1ºMaio en Ferrol
1ºMaio en Ferrol

A CIG salientou durante toda a campaña do 1º de Maio na dramática situación de Galiza, con máis de 280.000 desempregados/as, e onde nos últimos tres anos 90.000 persoas marcharon á emigración en busca dun traballo. Ademais, preto de medio millón están en situación de pobreza (10.000 son menores de 18 anos), e cada mes máis de 150 familias perden a súa vivenda.  O sindicato galego lembra no seu web que !”ante a proximidade das eleccións europeas, defendese a necesidade de que Galiza siga a ter presenza no Parlamento europeo a través dos deputados/as nacionalistas”, xa que “dende a UE estrangulan a economía de Galiza, o naval, a pesca, o sector agrogandeiro, a industria láctea, o sector financeiro. O noso déficit comercial é do 82%. Cada vez dependemos máis dos productos de fóra”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off