off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 3 Outubro, 2019 at 7:57 p.m.

Xustiza para Pintos. A CIG impulsa unha campaña pola súa absolución

by

A CIG vai desenvolver unha campaña contra a persecución da loita obreira e para esixir a absolución do sindicalista cedeirense Xesús Anxo López Pintos, que os vindeiros días 12, 13 e 14 de novembro se enfronta a un xuízo na Audiencia Provincial pola súa participación nunha mobilización no ano 2012. A central sindical ven de facer un chamado ás outras organizacións sindicais para que se sumen aos diferentes actos e iniciativas que se convoquen porque “este atropelo atinxe a toda a clase traballadora”.Pintos, na altura cosecretario comarcal da CIG en Ferrol, foi detido en outubro  no marco dun protesto de traballadores e traballadoras do naval. Denunciou agresións e insultos durante a súa estancia na comisaría: “Estaba agrilloado a unha cadeira na comisaría. Un policía batíame mentres o resto miraban”.

Porén caso de Pintos non é illado, senón que no resto do país están abertos varios procesos xudiciais e administrativos, motivo polo que CIG ten en marcha unha campaña contra a criminalización da mobilización social e na defensa dos dereitos e liberdades baixo o lema “Non hai represión que pare a loita obreira”.
#represiónsindical
#persecucion
#DefenderOsDereitosNonÉdelito
#XustizaParaPintos

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off