off

A ausencia do PNV impide que o Congreso ordene ao goberno español un informe sobre a guerra do Iraque

by

A iniciativa de ERC desestímase por un empate entre os votos a favor dos republicáns catalás, o PSOE, Unidos Podemos e o PDECAT e os do PP, Ciudadanos e UPN en contra 


A Comisión de Asuntos Exteriores da cámara baixa rexeitou emprazar ao Goberno a apresentar no termo de nove meses un informe de avaliación sobre a “participación militar, comercial e no ámbito da cooperación no desenvolvimento” de Estapña no Irque durante a guerra e a posterior reconstrución do Iraque despois da intervención militar de 2003.

Para defender o seu voto en contra, o PP argumentou que a intervención do estado español no Iraque foi “legal e lexítima”, entanto Ciudadanos veu “inecesario” reabrir debates que, segundo a súa opinión, os españois xa fecharan.

Á hora de votar houbo os mesmo votos a favor (PSOE, ERC, Unidos Podem e antiga Convergència) que en contra (PP, Ciudadanos e UPN), e no caso de empate o regulamento estabelece que as iniciativas desestímasen. O debate tivo lugar a partires dunha proposición non de lei apresentada por Esquerra Republicana de Catalunya ( ERC) que procuraba crear no congreso unha comisión direccionada a facer esa análise con parceria de todos os grupos parlamentares.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off