off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 1 Marzo, 2016 at 7:11 p.m.

Otegi: “A paz é o vieiro, e propóñome percorrelo até o final”

by

Na súa primeira intervención após sair do cárcere, o lider da esquerda abertzale celebrou o terse mantido a aposta pola paz malia as “provocacións”. 


Arnaldo Otegui tivo un papel sobranceiro na fin da violencia. Por iso é unha anomalía que houber de pasar seis anos e medio no cárcere. Que a finais de 2011 ETA anunciara o cese definitivo da acción armada, non fixo máis ca confirmar a emancipación da esquerda abertzale respeito a ela e un alargamento da súa presenza nos parlamentos vasco e español. Porén, malia a consolidación de PNV, a aterraxe de Podemos mudou as coordenadas.

 

Otegi volve facer política

Nunha entrevista en ‘The New York Times’ anunciou que optará a encabezar a candidatura da esquerda abertzale ás eleccións vascas do outono, conscente do debate que se ten aberto arredor desta posibilidade, ás portas do cárcere de Logroño reivindicou que “o mellor lehendakari é o pobo” .

Desde as redes galegas

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off