off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 13 Setembro, 2015 at 12:22 p.m.

Novas enquisas pronostican maioria absoluta independentista en Cataluña

by
Gráfico de 'La Voz de Galicia'
Gráfico de ‘La Voz de Galicia’

 ‘La Voz de Galicia’outorga 65 escanos a Junts pel Sí e 8  á CUP, sumando 73 entre ambas e dúas.  PSC, PP e  C’s  empatarían en segundo lugar con 16 deputados. mentres  Catalunya Sí que es Pot situaríase a seguir con 14. Unió sairía do Parlament.

As dúas candidaturas independentistas acadarían o 49,5% dos sufraxios sen chegar á metade, ainda que por riba do bloco non independentista, co 45,9%.

 La Sexta publicou 11 de setembro outro inquérito que pronosticaba 63 deputados a Junts pel Sí e  8 á CUP, cun máis axustado resultado de 71 deputados independentistas. C’s seria segunda forza con 19 escanos, Catalunya Sí que es Pot acadaría 17, o PSC 15, o PP 13 e  Unió ficaría fora do Parlament. O bloco independentista sumaria o 47,2% dos votos e o non independentista o 49,6%.

O xornal das Illas Baleares,  ‘Última hora’ vén de publicar  hoxe unha enquisa que dá á candidatura encabezada por Raül Romeva 64-65 deputados, mentres que a CUP  acadaría entre 9 e 10, sumando entre as dúas entre 73 e 75 escanos, moito por riba dos 68 da maioría absoluta. Porén, sería o 45,5% dos votos. Por detrás, C’s seria a segunda forza, con 18-19 deputats, seguido do PSC con 15-16, Catalunya Sí que es Pot con 13-14 e o PP con  12-13. Unió podería entrar con dous ou ficar fora.

Tanto as sondaxes de La Voz como de ”Última Hora’  debullan unha queda das expectativas de Catalunya Sí que es Pot, que podería ficar por detra´s do  PSC e até do PP.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off