off
Politica internacional — 8 Setembro, 2015 at 8:50 a.m.

Indiferencia europea e estados petroleiros que non acollen refuxiados sirios

by

COCZJqlWsAAWT7hSegundo o reconto de Amnistia Internacional os autócratas estados do Golfo e a Arabia Saudita levan acollido cero refuxiados. Estes estados teñen enviado armas a Siria durante anos se ben non fixeron nada nadiña para acoller as 4 millóns de persoas que tentan fuxir, agás achegar axuda financieira de subsistencia dos refuxiados procedente en grande parte de doazóns de particulares e empresas.

Paises como Arabia Saudita, Qatar, Oman, Emiratos Àrabes Unidos,  Kuwait ou Bahrain  teñen moita poboación extranxeira nos traballos menos remunerados e sen dereitos laborais recoñecidos. Se a Primavera árabe coas súas mornas propostas de reparto de poder e renovación  xerou nestes paises recelo e temor, a chegada de refuxiados sirios ben poderia servir para desestabilizar  petromonarquias que non acaban de testar a súa propia medicina.

Nen o drama dos refuxiados é un problema exclusivamente europeo tal e como Estados Unidos o presenta a xeito de coartada nin é un problema engadido que os refuxiados non teñan os papeis conforme a lei, madía-leva! A quen pode surprender que nin Rusia nin os EUA  fagan nada por rematar coa guerra! Os refuxiados decidiran non agardar máis. Eís a única e certa presión sobre a realidade: as familias sirianas arriscando a vida en travesias nocturnas ás illas gregas, a terribel imaxe do cadaver nunha crianza nas praias turcas,  o arame farpado, etc

Segundo Amnitía Internacional os autócratas estados do Golfo e a Arabia Saudita levan acollido cero refuxiados.

Reparemos que potencias como Brasil levan acollidos dende maio 2000, Canadá 1074  e Australia perto dos 2.200 sirios. Poucos. Tan inaudito como que non se teñan enviado xa equipos de axuda a Budapest é  que España se negue a concretar cantos refuxiados acollerá. Mentras Alemaña, Francia e Reino Unido, quen máis pesa na UE, xa anunciaran a cifra aproximada de refuxiados que prevén acoller os vindeiros meses .  Con certeza, a ComisiónEuropea forzará mañá a Rajoy a acceptar até 15.000 persoas no Estado.

Porén, se non hai unha resposta global de axuda aos refuxiados a fuxir de Siria, as mafias traficantes de persoas han facer o traballo e aumentará o número de víctimas. Ao cabo, quen está a asumir o peso desta crise humanitaria son os exipcios, os xordanos, iraquianos, libaneses e turcos. Os húngaros axiña esqueceron que tamén eles foran refuxiados non hai tanto tempo. Efecto chamada, non ter os papeis en regra… Excusas.

Entanto as encomendas de financiamento do Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados can en saco roto, nos campos de refuxiados medran as condicións infrahumanas. Está a agardar a UE que os seus aliados asuman un maior papel? Quen está a presionar no interior destes paises? Ficou obsoleta a Convención de Refuxiados do 51? Até cando lles servirá debruzarse nesas ficcións chamadas comunidade internacional, dereitos humanos e protección das víctimas ?

 

 

One Comment

  1. Tamén é “curiosoo” que os oito países que màis refuxiados pretenden acoller son as oito primeiras potencias do ranking de vendedoras de armas e principais causantes da situación. Hipocrisía total

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off