off

“Reunir, gritar e cantar” non é sedicion

by

Na terza-feira, durante o xuizo do 1-O,   tenent coronel da Gardaa Civil Daniel Baena, chefe da pesquisa policial do 1-O, declarou que non era propietario nen administraba a conta de Twitter antiindependentista coñecida como Tácito (usuari @nmaquivelo1984)


Daniel Baena.Foto: RTVE

Os observadores internacionais lémbranlle á Fiscalia que “reunir, gritar e cantar” non é sedición. O tenente coronel da Guardia Civil Daniel Baena descrebe diante do Supremo unha “insurreición” que  non pode sustentar: tentou vestir e xustificar os delitos de rebelión e sedición. O xuiz Marchena acabou protexendo o autor da tese da sedición e garante que os astestados policiais non sexan relevantes. Mesmo cando o tenente-coronel negou  calquer vínculo coa conta do Twitter que utilizou contra o proceso, impedindo que poida declarar o xornalista Carlos Enrique Bayo que descobreu a dupla identidade de Baena  e afirmou en RAC1 que “mentiu sob xuramento”.

 

“Baena fixo un falso testemuño. Na chamada que lle fixen, primeiro dixo que era Tácito, mas depois ele recuou.Tamén sabian diso as persoas que traballaban con ele. Habia persoas traballando con Baena fartas do seu nesgo ideolóxico, que  misturou coa súa pesquisa”, afirmou Bayo

Unha exclusiva do xornal Público revelada a terza-feira engade máis probas á suspeita que Baena e o seu alter ego (“Tácito”) no Twitter son a mesma persoa. A Baena atribuesenlle chios da fasquía de “coloque as urnas no chao, lentamente, maos atrás da cabeza, sen movimentos bruscos, vire-se”.

A seguir, pódese escoitar o audio orixinal de Público:

 

Ele tamén respondeu ao Lluís Llach cando o músico escreveu sobre o exílio de Puigdemont. “Desempeño próprio das estruturas do crime organizado.” E mais sério, ele twittou o tag # sedición dous dias antes do crime ser imputado.

A conta foi empregada contra políticos que investigaran as causas abertas en 1º de outubro e tamén cuestionaban xornalistas e Mossos.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off