off
Estado, Europa, Galiza, Movementos sociais, Política — 25 Outubro, 2018 at 10:57

Parlamento Europeo aproba unha resolución para prohibir as fundacións que exalten o fascismo

por

A eurodeputada galega Ana Miranda foi unha das principais promotoras desta resolución.Condenarase agora que a Fundación Francisco Franco teña apresentado unha querela contra 19 activistas que ocuparon de xeito simbólico o Pazo de Meirás  para pedir a súa devolución ao galegos?O Supremo irá expulsar Vox das acusacións privadas contra os líderes catalás?


O Parlamento Europeo aprobou hoxe unha resolución para prohibir as fundacións  que exalten ou glorifiquen o fascismo en Europa, por 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións. A Cámara insta “a prohibir efetivamente os grupos neofascistas e neonazistas e calquer outra fundación ou associación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo”.

O Parlamento “pede às autoridades españolas que suprimam efetivamente todos os outros símbolos ou monumentos que exaltan a insurreición militar, a guerra civil e a ditadura de Franco”. A Europa aponta para a Fundación Francisco Franco, Falange e  Hogar Social.

O que é paradoxal é que o Partido Popular Europeu votou a favor da resolución, deixando en evidencia ao PP. A resolución tamén se refere a tomar medidas para evitar a “cumplicidade entre líderes, partidos políticos e forzas policiais”.Neste caso, a mención se refere mais a outros países europeus, como a Polonia ou a Hungria. Mas a resolución tamén pede aos Estados membros que condenen e sancionen mensaxes de ódio à populación desde os media. Nese caso, afirma Miranda encaixa co feito de a Fundación Francisco Franco encontrar espazos en televisións como a TVG, cando as vítimas do rexime de Franco nunca encontraran espaço na cadea pública galega. Após saberse a resolución, Ana Miranda, sigue agardando por unha chamada da . É escandaloso a verdade!. #VenresNegro23CRTVG, afirma na sua conta de Twitter

 

Agora que o Parlamento Europeu pede à España para acabar com a impunidade da extrema-direita, condenarase  que a Fundación Francisco Franco teña apresentado unha querela contra 19 activistas que ocuparon o Pazo de Meirás de xeito simbólica para pedir a súa devolución ao galegos, o Supremo irá expulsar Vox das acusacións privadas contra os líderes catalás?

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: