off

A CIG convoca o 19 de xuño unha xornada de mobilizacións por empregos, salarios e pensións dignas

by

Para exixir que o “cambio de goberno” signifique a derrogación das reformas laborais e a mudar políticas que empobrecen e precarizan


Foto: CIG.4 Manifestación SOS Sanidade Pública 2018-02-0

No chamado o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, afirmou que  “non será posíbel recuperar os dereitos mentres non se derroguen as reformas,  da negociación colectiva ou das pensións”.Carril enxerga que “non valen escusas” e asegura que de igual maneira que houbo unha concertación de forzas políticas para dar fin ao Goberno do PP, “ten que darse coa mesma urxencia unha correlación que nos próximos meses faga posíbel a recuperación dos nosos dereitos”.

Alén diso, Carril lembra que se acusou ao PP de ter paralizadas unha chea de proposicións de lei que contemplaban a derrogación de moitas destas reformas. Por iso considera que “non é certo” que non haxa sostén parlamentario para derrogalas. “O que hai que ter é vontade”.

Respecto do pacto social advirte de que o acordo interconfederal de negociación colectiva que están negociando CCOO e UGT “en absoluto vai dar solucións para que se recuperen os salarios e pode impedir a recuperación dos dereitos lexitimando a reforma laboral, como xa fixeron coa sinatura de acordos anteriores, se se reedita nos mesmos termos que aqueles”. Lamenta, alén diso, que CCOO e UGT sigan “sementando a confusión” e asegura que “non hai razóns para desmobilizar, senón todo o contrario”.

Calendario

XORNADA NACIONAL DE MOBILIZACIÓNS – 19 DE XUÑO

A Coruña: Praza de Vigo, 20h

Cee: Praza 8 de marzo 20h

Ferrol: Praza de España, 20h

Santiago: Praza Roxa, 20h

Pontevedra: Praza da Ferreiría 20h

Vilagarcía: Casa do Mar, 20h

A Estrada: Praza do Mercado, 20h

Vigo: A Doblada, 20h

Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h

Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h

Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h

Monforte: Praza de España, 20h

As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h

A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20

 

Comments are closed.

off