off

Queremos Galego chama a defender o idioma desde xanelas e varandas

by

A plataforma cidadá chama a que o 17 de maio , Día das Letras, malia todas as limitacións, o galego non siga confinado coa proposta todo o día de diversas accións de visibilización.

Todo o día:

Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces disponíbeis aquí (tamén para pintaren as nenas e nenos)

Ás 12h:

Maniféstate nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios… utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio #Eufalogalego

Ás 13h: Sae á xanela a cantar: A fala (letra: Manuel María; música Uxía- Sérgio Tannus)

 

Queremos galego é unha plataforma cidadá conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off