off
Europa, Galiza, Mar e Pesca — 25 Febreiro, 2020 at 12:13 p.m.

Xornadas da Rede europea de Mulleres na pesca e na acuicultura

by

Unha delegación de mulleres do sector pesqueiro galego participa nun encontro internacional en Bruxelas os días 24 e 25 de febreiro. Comeza a segunda xeira coa  intervención da delegación galega destacando que a visibilización das profesionais do mar e a promoción da igualdade é un dos seus principais obxectivos. Hai tres veces máis de homes que mulleres na toma de decisións no sector pesqueiro. Por exemplo, as mariscadoras e redeiras non están contabilizadas como traballadoras do mar nas cifras europeas do sector.

 

 

Pódese seguir na etiqueta #mulleresdomar os eventos da delegación galega en Bruxelas e as entrevistas de  RosaliaTV e @pilaraymara e nos hastags #Aktea #MulleresdoMar

 

Aktea  é unha rede de mulleres da pesca que traballan colectivamente para o recoñecemento formal do papel das mulleres no sector e para garantir o acceso das mulleres das comunidades pesqueiras á toma de decisións a nivel europeo e nacional. É o resultado dun programa de tres anos de intercambio de experiencias entre pescadoras de diferentes Estados membros da UE sobre as súas contribucións á pesca e á acuicultura. Os intercambios centráronse no papel das mulleres no ámbito privado (empresas pesqueiras) e na esfera pública (organizacións e accións colectivas).

Despois  desta sorprendente experiencia, varias organizacións de mulleres decidiron manter esta dinámica transnacional establecen.do AKTEA para continuar coa súa acción. En 2006 creouse a rede AKTEA en Ancona en Italia. Os membros de AKTEA son organizacións independentes que actúan a nivel nacional ou rexional e representan ás esposas de pescadores que realizan tarefas vinculadas ás empresas pesqueiras (venda de peixe, administración, etc …), así como pescadoras, mariscadoras e redeiras

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off