off
Galiza, Mar e Pesca, Meio ambiente — 27 Febreiro, 2016 at 4:14 p.m.

“Conselleira, dimisión”, “O mar é o noso futuro”

by

A lei de acuicultura xungueu o sector malia a súa retirada, servindo de aglutinante doutras problemáticas do mar: o reparto do cerco, as taxas e os atrancos para a pesca artesanal. 


“Conselleira, dimisión” bruou ao remate da manifestación do sector do mar que conduciu, no acto final, o actor Carlos Blanco.O acontecedio este sábado de augaceiros e marusia en Compostela é a mellor mostra do que o sector pode lograr a través da unidade de acción. Porén, nun aceno próprio de quen nega o principio de realidade, o PP ataca a manifestación por “política” e porque “non ten sentido”,quer dicer, o único interese político é o seu e non o dos outros. Que neste caso coincide coa totalidade do sector e coas comunidades ribeiriñas que viven directamente do mar, cada vez máis conscentes de que o seu porvir depende da súa sustentabilidade e non dun modelo baseado na intensificación productiva da industria da acuicultura que compromete a súa viabilidade social e ambiental.unión do sector do Mar en Compostela.

Porén, a Conselleria de Pesca e a Xunta ofreceu “diálogo” e un freo na tramitación da norma que para o sector non era dabondoa catro días da manifestación. A conselleira Rosa Quintana anunciaba na TVG a paralisación  do proxecto e informaba p0r carta ao sector, unhas 300 entidades.

Quintana, Maneiro, faredes historia arruinando a frota galega” liase na camisola dun activista

Entre os representantes políticos Xavier Vence(BNG), Xosé Manuel (ANOVA), representantes de En Marea no Congreso e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.unión do sector do Mar en Compostela_2

O acontecido este sábado en Compostela é a mellor mostra do que o sector pode lograr a través da unidade de acción fronte o mercado mundial.


MANIFESTO

O latexo do mar de Galicia Manifesto a prol do mar e pola retirada da Lei de Acuicultura Santiago, 27 de febreiro de 2016 Alguén dixo algunha vez que Santiago non tiña mar. Pois ben, o mar decidiu vir ata Santiago. Velaquí estamos. Grazas a todos por asistir de forma tan masiva a esta chamada a prol da defensa do sector do mar e pola retirada do anteproxecto da Lei de Acuicultura. Hoxe é un día histórico, de celebración da unidade dos que eliximos o mar como a nosa forma de vida. Esa unión tivo como primeiro resultado botar abaixo un anteproxecto de lei prexudicial para o conxunto do sector. Pero tamén estamos aquí porque nos sentimos abandonados e indignados. Nin a Xunta, nin o Goberno Central, nin a Unión Europea nos defenden como merecemos. Sentímonos tratados con desigualdade e as súas políticas nos levan cara a unha morte segura, algo que non estamos dispostos a consentir. O pasado mes de outubro a Conselleira Rosa Quintana pretendeu cambiar o rumbo do noso destino co Anteproxecto de Lei de Acuicultura. Sen embargo cometeu un erro: minusvalorarnos, crer que nos íamos resignar, pensar que nos quedaríamos de brazos cruzados mentres oficiaban o noso propio funeral. Foi ao Parlamento de Galicia a dicir que o Anteproxecto non se podía retirar porque non se iniciara ningún trámite e, ao pouco, nos medios de comunicación desmíntese a sí mesma e afirma que o retira. Engana por partida dobre: ao Parlamento de Galicia e aos homes e mulleres do mar. Non podemos confiar na súa palabra. Mesmo a retirada do anteproxecto no último momento foi unha manobra pretendendo desconvocar esta manifestación. Pero o obxectivo de apoiar a implantación da peixecultura intensiva industrial sigue vixente. Por iso é necesaria esta manifestación. Os sectores do mar están en claro retroceso produtivo, a pesar das nosas demandas de solución, e isto é responsabilidade da Consellería, que está desacreditada. Por iso é tan necesario que o latexo do mar de Galicia sexa ben perceptible hoxe nesta praza do Obradoiro. Pero tamén por máis motivos. Hoxe vimos a esixir!!!!!: -Cambio do obsoleto sistema de TAC’s e de cotas que só enriquece a unha minoría. A escaseza de cotas obriga a amarrar barcos, perdendo capacidade de xerar riqueza e emprego, especialmente no cerco, no arrastre de litoral, na volanta, no palangre e nas artes menores. -Una maior defensa do sector pesqueiro artesanal, que se está vendo especialmente prexudicado pola aplicación do sistema de TAC’s e cotas, que se agrava coas capturas accidentais, que deben quedar excluídas do sistema. -O saneamento integral das rías Levamos desde os anos 90 solicitando inversións para preservar a calidade do medio mariño. A calidade dos peixes e mariscos que teñen dado notoriedade, prestixio e riqueza a Galicia o precisan. Requírense máis actuacións reais, mais compromiso e menos posta en escena. -Unha verdadeira política en defensa do marisqueo tería evitado a mortandade masiva dos moluscos, investigando as súas causas. É necesaria a rexeneración de zonas marisqueiras de baixo rendemento e garantir o subministro de semente autóctona. – Recursos para avanzar no coñecemento de fenómenos como as mareas vermellas, que teñen cada vez unha maior incidencia nas nosas augas e afectan a un maior número de especies de moluscos. A Xunta debe por a disposición dos sectores produtivos os recursos necesarios que nos permitan coñecer as causas destas mareas e atopar solucións para atallalas. Ademais necesitamos dotar de seguridade xurídica ó protocolo de control destas mareas en todas as súas fases, desde a toma de mostras ata a súa análise e interpretación. -A defensa dos produtos galegos, da súa identificación e etiquetaxe Estamos fartos de que no mercado abonde a información falsa. Todo o patrimonio comercial dos peixes e mariscos de Galicia está sendo espoliado sen que, quen debería defendernos, mova un dedo. Moitos produtos foráneos chegan ao mercado identificados como “das Rías Galegas” o que constitúe unha burla e un engano aos consumidores. – Que a Consellería do Mar e a Secretaría General de Pesca escoiten e apoien as propostas que xurdan do sector e non gobernen ás nosas costas. Queremos participar na toma das decisións que nos afecten. – Un cambio de rumbo da Administración pesqueira galega e española. A normativa reguladora é excesiva e complexa e a súa capacidade de resolver conflitos, escasa. A política de desguaces debe ser reorientada a financiar paradas biolóxicas para a recuperación das especies e o mantemento da flota, así como para o potenciamento de sectores como o da sardiña ou o marisqueo. É preciso crear alternativas de futuro que faciliten a incorporación de novas xeracións e o asentamento de poboación. Estamos hoxe aquí porque queremos que a nosa xente siga a traballar e vivir do mar. Queremos barcos con cota!! Queremos emprego con condicións de salario dignas!!! Galicia é unha comunidade altamente dependente da pesca. Nós defendemos o sector do mar e a súa xente, loitando en Santiago, en Madrid e en Bruxelas, para ter máis cotas pesqueiras, e, en definitiva, máis emprego e riqueza para Galicia. Hoxe estamos aquí porque o mar é o noso futuro. Santiago non tiña mar, e o mar decidiu vir a Santiago. Aquí estamos e aquí seguiremos, vixiantes, porque estamos convencidos que nos asiste a forza da razón. A prol do sector do mar!! O mar é o noso futuro!!


Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off