off
Língua, Normalización lingüística — 1 Xuño, 2013 at 3:15 p.m.

As contínuas incorreccións lingüísticas debullan un país paifoco

by

Segundo El País Galicia, os  Grupos de Acción Costeira, entidades que xestionan os fondos europeos lanzaron unha campaña  publicitaria con finanzamento do  Ministerio de Agricultura e o Fondo Europeo de Pesca, contando con web propia na que o lema galego  a difundir era “Cómete o mar”,  o que traducido para o castelán  é “Te come el mar”. As redes sociais forzaron  aos promotores a mudar a campaña logo de difundiren o erro  e pediren ás Administracións, atraveso dun manifesto, un maior respeito pola corrección linguística nas campañas en galego. O lema quedou  “Come o mar”. O ávido e voraz xa non é o mar mais a persoa que queira gorentar da nosa gastronomía.  Tiveron que mudar o web de chamarse  www.cometeomar.com a www.comeomar.com. Semella que fan o imposibel por ir degradando pouco a pouco o galego.  Xa non teñen abondo con que Galiza sexa unha sociedade diglósica (bilíngüe?): quérena  paifoca coma eles.

El Pais © Galicia

 

 

 

One Comment

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off