off
Galiza, Incendios, Meio ambiente — 27 Marzo, 2019 at 9:55 a.m.

Galiza é un incendio

by

Cheira a queimado, ainda non ben rematou  marzal e xa van unha vintena de incendios en Galiza. Nas últimas horas, dous incendios activos en Verín e no Barco súmanse á desfeita entanto seguimos pendentes do incendio de Dodro-Rianxo.

O incendio de Rianxo continúa sen control despois de arrasar 1000 hectáreas. Comezou en Dodro e  estendeu a Rianxo, é o máis grande dos rexistrados. Segundo informa GCiencia, xa se ve dende o Modis do satélite Terra da NASA.

Mais unha vez as condicións metereolóxicas adversas acrecentan a falta de meios e a ausencia total de medidas estruturais que revertan o abandono do rural e a súa reconversión en plantacións de eucaliptos sen que se albisquen medidas que combatan os interesses especulativos madeireiros, cada vez máis óbvios na súa cíclica e frecuente repetición. Unha Xunta incompetente reduce despesas de persoal nas brigadas, deixando 500 trabalhadores de SEAGA na casa. E sempre as mesmas casuas, as mesmas consecuencias a lembrar: o abandono forzado de terras agrarias, a redución da biodiversidade asociada e a seca de regatos, solos e mananciais, o desleixo institucional no cuidado do monte en tarefas anuais de prevención e extinción do lume, a decisión da Xunta de acatar a redución do gasto público ordenada por España. Todas elas orientadas a esfarelar no sistema económico mundial calquer responsabilidade: a ”mudanza climática”, as ”faiscas” dun cabo de alta tensión, as “doenzas psiquiátricas” , etc.

Publicidade de ENCE principal beneficiária da política de eucaliptización xunto co Cluster da Madeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off