off
Cedeira, Educação — 23 Setembro, 2022 at 7:09 a.m.

Comunicado da Plataforma SOS IES Punta Candieira

by

Como ben sabedes dende a Plataforma SOS IES Punta Candieira tratamos dende o primeiro momento de defender os intereses dos nosos fillos e fillas ante a gran redución de profesorado que se produciu no centro. Dende a formación da plataforma non quixemos enfrontar sobre a posición da ANPA O Beco publicamente (aínda que o pobo sabía a súa postura), mas despois de vários acontecementos que se sucederon e máis a reunión que se realizou onte ( sen previo aviso aos socios e socias) coa administración queremos facer unha breve valoración.

1º Unha ANPA ten unha serie de obrigas entre as que está a realización dunha asamblea xeral anual, cousa que dende esta ANPA non se realiza dende anos atrás.

2º Onde estaba o ANPA cando a dirección xa no mes de xullo presentou a dimisión en bloque polos recortes?

3º Se un ANPA é unha Asociación de Nais e Pais do alumnado, por qué as decisións e as posicións sobre un tema tan relevante como o dos recortes estanse a tomar dende a Xunta directiva desta? ( Temos constancia da gran oposición dos socios/as con respecto a dita postura)

4º Como sabedes o conselleiro relegou a reunión solicitada pola CORPORACIÓN MUNICIPAL no Xefe Territorial de Educación pero considerouse que relegar a reunión era unha forma de ignorar e “ningunear” ao pobo tras as diversas movilizacións que se están a realizar. A nós pareceunos un “ninguneo”, pero o ANPA…..

5º Se o ANPA considera que no centro non hai problema no funcionamento, por qué decidiu reunirse onte ( sen previo aviso aos socios) co Xefe de Inspección e co Xefe Territorial de Educación? Foi unha reunión oficial ou extraoficial como é común dende a Xunta Directiva deste ANPA?

O que temos claro dende a Plataforma SOS IES Punta Candieira é que  estamos loitando polos dereitos e intereses dos nosos fillos e fillas aínda non tendo o apoio ( que se bota en falta da ANPA). Seguiremos intentando que a Xunta ceda ante os recortes conseguindo o que xa tíñamos e polo tanto unha educación digna e de calidade. Bem, antes de que comecen as críticas polo de educación de calidade…Xa sabemos que os mestres e mestras, professionais do ensino do IES Punta Candieira, aportan esa educación digna e de calidade pero tamén sabemos que están dando máis do que poden porque un de Física e Química imparte Economía… (e asin por diante) a iso nos referimos. Valoramos o traballo dos mestres que están no centro pero consideramos que o IES PUNTA CANDIEIRA precisa máis profesorado.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off