Seis remeiros do clube de Remo Cedeira participarán no campionato de España na modalidade de remo olímpico, que ate o día 10 se celebra na cidade de Sevilla. Son Noemi Piñón, que tomará parte na categoría skiff infantil feminino; Noa Trigo e Claudia Villar, dobre scull infantil feminino; Marcos Pernas e Raúl López, dobre scull infantil masculino, e Francisco Tojeiro, skiff cadete masculino. Non hai nin unha semana que o remo cedeirés acadara os seus últimos trunfos no Campionato Nacional Galego de Remo Olímpico
Campións Galegos
No Campionato Galego que tivo lugar o día 3 no encoro de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense conseguiron medallas de ouro Noemi Martín, que competiu na categoría skiff infantil femenino, e Marcos Piñón e Raúl López. Estes últimos o fixeron en dobre scull infantil masculino. Francisco Tojeiro foi medalla de broce na categoría de skiff cadete masculino.