Esta fin de semana desportiva rematará o domingo 19 co Día da Bicicleta.
O Concello de Cedeira arranxa os preparativos de cara á celebración da festa do desporto na rúa, un calendario de actividades que o goberno local convoca para os días 18 e 19 do presente mes. A cita dará comezo o sábado 17 levando distintas prácticas deportivas á rúa, en concreto a que decorre por diante do pavillón polideportivo. Entre outras probas haberá basket, patinaxe, remo e xogos populares. A actividade arrincará ás dez da mañá e prolongarase ata a unha do mediodía. Dende o Concello infórmase de que se trata de propostas pensadas para todas as idades, polo que se invita á cidadanía en xeral a secundar un programa co que se pretende poñer de manifesto as vantaxes tanto físicas como psicolóxicas que ten practicar deporte de forma regular. A festa proseguirá pola tarde dese mesmo día coa celebración do acto de clausura das escolas deportivas municipais. O pavillón acollerá, a partir das seis, unha cita na que tomarán parte a cativaxe e os adultos que ao longo do ano asistiron ás clases.
O programa inclúe unha actividade dirixida aos afeccionados máis novos coa celebración dunha BTT infantil ás dez da mañá, mentres que, a partir das doce do mediodía, terá lugar unha “pedalada popular” polas rúas da vila. A proba infantil discurrirá polo camiño real da Madalena e os interesados poderán apuntarse no mesmo lugar da cita ata unha hora antes da saída.
Nota de imprensa: Pingota Comunicación