off
Incendios, Meio ambiente — 18 Xuño, 2014 at 9:48 a.m.

Risco extremo de incendio na costa de Ferrolterra e Ortegal

by

Segundo informa a Consellería de Medio Rural o IRDI (Índice de risco diario de incendio forestal) para hoxe, 18 de xuño de 2014 ás 09:01 é de 81%, extremo en Ferrolterra, Ortegal, A Mariña e   Ourense  (do Carballiño á Limia e Valdeorras) . Para o establecemento do índice de risco diario de incendio tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o estado das infraestruturas preventivas das masas arbóreas e o estado do solo.

O índice de risco diario de incendio forestal establece, para cada unha das épocas de perigo, o risco diario de ocorrencia de incendio forestal, cuxos niveis son baixo (1), moderado (2), alto (3), moi alto (4) e extremo (5).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off