off
Normalización lingüística, Ollo ao gato, ollo ao prato — 9 Outubro, 2013 at 7:07 p.m.

De honras e distincións

by

 

O ano pasado A Mesa pola Normalización lingüística parabenizaba a Google por crear a opción idiomática de galego para Google+.  Paseniño, porén, aí fora vanse decatando do idioma de noso. Que se manteñan ainda rúas adicadas  a persoeiros franquistas e falanxistas ou diretamente deturpadas  produce pruído, coceira e comechón. O termos placas no rueiro  coa combinatoria ou denominación “Calle/Rúa” é mesmo unha cosmopaifocada maior, de raizame vazquista, sen dúbida. Un sorprendente avanzo idiomático do alcalde Rubido, que medio soa a galego: Calle/Rúa Puentes de García Rodriguez, Avenida Marina, Calle Cuesta, Calle Huertas,  Travesía Playa, Camino Camposa-Becó, etc

 

A comezos do século XXI, con Xoán Xosé Rodriguez sentado na alcadía de Cedeira, a “avenida del Generalísismo” – sempre nos marabillou o tamaño da pretensión malia ser a principal via de acceso á vila dende Ferrol- pasou a ser de Castelao.  Obviamos recordar a diferencia da talla intelectual e moral dos dous persoeiros. Xa van aló  máis de dez anos, coincidindo este período coa chegada das redes sociais e dos sistemas de xeolocalización implementados polo xigante  Google,  porén, ainda non houbo quen de poñer en valor a toponimia tradicional dos lugares, acabar de dar cumprimento da Lei da Memoria Histórica ou de facer seguimento de como se  mostra  a “marca Cedeira” en Internet. Cedeira mantivo rúas adicadas, durante a maior parte do que levamos de democracia, a militares e falanxistas. Restos visibles na “Calle J.A. Primo de Rivera” (fundador da Falange Española)  que nos mostra con detalle o Google Maps.  Honra que acadou o seu climax no monolito adicado a Franco, hoxe felizmente retirado. Un  inexplicabel apego á  homenaxe cuartelaria xa que ainda se mantén unha rúa ao militar carlista Zumalacárregui que acabou sendo gobernador militar de Ferrol, mais Cedeira non ten unha rúa da Liberdade ou de lembranza  do alcade Manuel Fernández Freixeiro e a súa corporación, fusilados no 36. A memoria é cousa de todos e o idioma galego tamén.

 

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off