off
Cultura — 31 Marzo, 2012 at 6:45 p.m.

Andrés Torres Queiruga, un herexe para o século XXI

by


Agora que nos diriximos cara a Pascua, o que fóra meu mestre en Compostela – estudei con el Filosofia da Relixión, o feito relixioso dende a racionalidade filosófica – Andrés Torres Queiruga, vén de ser notícia máis unha vez por mor do órgao dos bispos, a Comisión Episcopal de Doctrina da Fe (a inquisición, o Santo Oficio). Das súa aulas, alén da convición e da fe que cada un poida ter, tirei a conclusión de que á racionalidade teolóxica compríalle achar a humanidade de Deus (xa dicía Paul Ricoeur que deus se é tal, non está ao noso alcance, o noso coñecimento non acada outra cousa a través da obxectivación). O que cada católico un tire desa experiencia non é opinabel segundo a Comisión Episcopal.

Mas hai outras formas relixiosas que non se esgotan no dogma nen na mediación da Igrexa: hai quen entende a fe como apertura, como consciencia do agora e aquí.  O ollo é un órgao, a ollada un símbolo. É a ollada o que nos diferencia, o que permite un outro sentido de “oración” e de vivencia da espiritualidade. En consecuencia, hai outras posibilidades de relación que podemos ter con todo aquilo no que  “deus” está presente (natureza, amor, beleza, etc.). Queiruga non repite o que outros xa dixeron, decátase de que o acceso a deus mediado pola linguaxe dado que é insuficiente – cada un represéntao como quere e pode- cómpre enxergar esa atracción alén da teoloxía católica (o maxisterio, a doctrina oficial infalibel e dogmática).  Aí é onde radica a dificultade que ten a Igrexa para ter aceptación, e que Queiruga pon de relevo ao tirar do fío e amosar a versión enfermiza do relixioso da xerarquía católica e as declaracións ex-cátedra do Papa.  Na práctica, o centro da vida dos católicos e seguidores é o Papa, convertido en vedette cada domingo dende o balcón da praza de San Pedro, e pouco o exemplo de vida de Xesús de Nazaret. O determinante e central é a fe,  e moi pouco a ética. A Santísima Trinidade, por exemplo,  é un invento que non aparece no Novo Testamento. Queiruga, ao noso ver, como resposta ao dogma e credo que a Igrexa propón, é máis determinante a vivencia e convicción de cada persoa: chámeselle fe ou dereitos humanos. Apélase á crenza basada na conducta, no exemplo de vida do nazareno. Non me imaxino un xuizo final coma se fóra un exame de teoloxía ou de catecismo, onde se lle pregunte á xente pola súa fe. Se o houver, o xuizo sería sobre  conductas.

A Comisión Episcopal  ven de dicirlle a Queiruga que mália os seu intentos de humanizar a deus a única interpretación que cómpre comunicarlle aos fideis é a da xerarquía católica. A mesma que interpreta a deus ben macho e con barbas. Xa non importa a mensaxe nen a ollada do outro, á xerarquía só lle importa o dogma. Amén.

2 Comments

  1. Obrigado, Gabriel por estas reflexións tan ben acaídas na Páscoa.
    Nada áis lembrar que Prisciliano foi executado por cuestionar o misterio da Santísima Trinadade, aínda que, como nas pelis de gansters que ao final soamente son encarcerados por defraudar o Fisco, ese foi o pretexto: o que persegían era esoutra “ollada” , a da comunión coa natureza, a da igualdade da muller, a da distribución da riqueza…

  2. O Xuizo Final

    A lingua das bolboretas
    https://www.youtube.com/watch?v=ob7opMV-xks

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off