off
Música — 5 Febreiro, 2021 at 1:50 p.m.

Tanxugueiras lança álbum MIDAS

by

O grupo achega peças fortes e poderosas, uma viragem para a fusão com estilos mais urbanos, como trap ou electrónica, mas mantendo como base a sonoridade da música tradicional no ronsel aberto por Mercedes Peón  e Xabier Díaz.

O grupo apresentou hoje seu novo single, Midas, dando continuidade a um vieiro iniciado com seus trabalhos anteriores, mas agora explícito com uma peça que, aos olhos dos artistas, é um ponto de viragem em sua carreira. “​Midas é o tema que, neste momento, queremos facer”, escreve Rubén Lino no web do grupo, “na procura dunha sonoridade moi persoal, moi nosa, sen controversias e sen prexuízos”.

O lanzamento, ​previsto nas plataformas dixitais o venres 5​, acompañarase dun videoclip “moi moderno e rompedor” producido por Trece Amarillo e PlayPlan Cultural. “Estamos moi contentas con este novo single. ​Midas ​é un tema contundente, poderoso e con moito carácter no que levamos traballando moito tempo. Con el chegamos a un extremo da nosa sonoridade ao que non chegáramos até o de agora e que, por suposto, seguiremos explorando”, sinalan Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off