off
10N, Galiza, Movementos sociais, Politica espanhola, Sen categorizar — 3 Xaneiro, 2020 at 5:18 p.m.

Voto favorabel do BNG a investidura de Sánchez

by

A executiva nacional do BNG, reunida este venres, decidiu finalmente que a súa postura será o voto favorable tras lograr do PSOE varios compromisos da “axenda galega” reivindicada pola fronte de esquerdas nacionalista.

O líder do PSdeG xa avanzaba na mañá desa sexta o seu compromiso co BNG de que Fomento “minorará” a peaxe da AP-9, entre outras cuestións

Na negociación sobranzou a necesidade de entendemento de PSdeG e BNG de cara ás eleccións galegas deste ano.

O documento acorda tamén máis e mellores medidas para a loita contra a violencia machista, así como aquelas que eviten a dobre tributación dos emigrantes retornados. Tamén melloras na aplicación da lei de dependencia e medidas urxentes para o impulso aos estaleiros Barreras e Navantia ou para unha negociación sobre Alcoa que garanta investimentos e emprego, para alén de medidas para reducir a factura das empresas electrointensivas.

Tamén debulla que o Goberno central “estudará posíbeis compensacións tarifarias ás comunidades produtoras excedentarias de enerxía eléctrica, para abaratar a factura, actuando sobre o custo de transporte, de forma que se compensen os custos sociais e ambientais producidos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off