off
Europa, Política, Politica espanhola — 30 Setembro, 2019 at 10:05 a.m.

Borrell: escolma de trapalladas

by

O xornal dixital EUobserver, especializado en información sobre a Unión Europea, recompilou no artigo “Borrell: from controversy to EU’s top diplomat” todas as trapazas de Josep Borrell, ministro de Asuntos Exteriores español no cargo e aspirante á posición do máximo representante da UE para asuntos exteriores, ofrecéndolle ao leitor europeo, un retrato de todos os aspectos sombrizos de Borrell.

Asin, hai varias polémicas que rodearon a Borrell nos últimos anos, desde episodios de simpatía ao réxime iraniano até o programa que protagonizou na TV alemá DW News. Tamén aclara que o seu posicionamento contra o independentismo catalán é ben coñecido.

Mais de vinte anos cercado pola controvérsia

Alén diso, o artigo lembra como Borrell ía ser candidato do PSOE á presidencia do goberno español en 1999  mas renasceu por unha fraude de dous ex colaboradores.

Tamén aparece a multa de 30.000 euros imposta polo regulador do mercado de valores por unha “violación moi grave da lei do mercado de accións” ao vender accións da compañía Abengoa facendo uso de información privilexiada.

Borrell deberá recibir, o 7 de outubro, a aprobación do Parlamento Europeo para o nomeamento do máximo representante da UE para asuntos exteriores. No momento, o suporte necesário non é garantido.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off