off
Cedeira, Galiza, Mar e Pesca — 28 Xaneiro, 2019 at 7:09 a.m.

Ventos do oeste con forza de 7 a 8 durante a mañá

by

Segundo a predición do MeteoGalicia a formación dunha borrasca ao sur de Irlanda enviará unha fronte fría que percorrerá o país a de norte a sur durante a primeira metade do día. Albrexar con ceos cubertos e con choivas e a partir do mediodía iranse abrindo tímidos claros e as chuvias serán illadas e ocasionais. A cota de neve comezará nos 1400 metros e quedará nos 1100-1200 metros co avance do día. As temperaturas non terán cambios significativos.

Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste. Ventos do oeste con forza de 7 a 8 durante a mañá, na Mariña en no litoral noroeste da Coruña. Mar combinada con ondas de máis de 4 metros en todo o litoral, agás Rías Baixas.

IR39-108-120, xerada o: 29/01/2019 07:00 hora UTC (29/01/2019 08:00 hora local).Fonte: Meteogalicia

Na cuarta-feira Galiza fica baixo a influencia das baixas presións, con ventos intensos de compoñente oeste. Con esta situación, agárdanse ceos cubertos con chuvias durante toda a xornada, especialmente persistentes e cuantiosas na franxa atlántica. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off