A concelleira delegada de Cultura, Turismo e Urbanismo, María Xosé Rodríguez Pérez presentará ás 12 do mediodía en rolda de prensa a celebrar no Palacete da vila (Avda, Castelao s/n) a posta en marcha do programa de Xeorutas.
O proxecto permitirá coñecer a xeoloxía cedeirense mediante un roteiro o litoral, dos cantís, de Teixido, do granate, do titanio, das praias negras e do cromo) a partires do proxecto de Francisco Canosa Martínez «Guía xeolóxica de sete xeorutas no Concello de Cedeira». Nesta obra presentada hai un ano (un inventario e mapa xeolóxico xeral de todo o concello de Cedeira) “en cada xeoruta descríbensen as peculiaridades xeolóxicas significativas, ilustradas e fotointerpretadas. Do mesmo xeito inclúese un mapa xeolóxico actualizado no que se sinala o trazado da xeoruta, que pode ser visualizado a través do móbil mediante o escaneo dun código QR”