off
Editorial, Galiza, Politica espanhola — 13 Xullo, 2015 at 10:36 a.m.

A partilla do déficit como estratexia de recentralización

by

O Consello de Política Fiscal e Financieira aprobou en segunda votación que os obxectivos do déficit para as comunidades autónomas fose do 0,3% do PIB en 2016. Do 0’1% en 2017 e do 0.0% en 2018.  Dias antes aprobarase que o obxectivo para as corporacións locais fose, como anos antes, do 0,0%. Porén, a administración central do Estado tén o obxectivo do 2,5% para 2016, 1,3% en 2017 e do 0,3% en 2018.

 O que estes obxectivos reflicten é que goberno central fai unha distribución que lle é favorabel. Unha partilla  segundo a súa comenencia. O acaído e razoabel tería sido coñecer os criterios preestablecidos de partilla, como por exemplo, fixar os obxectivos de déficit en función do peso relativo do custo de cada administración sobre o total. De ser así, a adminstración central tería que asumir o 58% do obxectivo de déficit e as comunidades autónomas o 31%, e a administración local o 11%

A estratexia do obxetivo de déficit móstrase así como unha asisada estratexia política de recentralización ao tentar desacreditar a xestión das administracións autonómicas.

O proceso reflíctese dende o traspaso daquelas competencias que son o miolo do estado do benestar como a sanidade, a educación e os servizos sociais. Estas competencias acadan o 80% do gasto non financieiro das autonomías, porén estas transferencias non foron acompañadas dun modelo de financiamento acaído que asegurara os recursos suficientes.

O modelo non achega recursos e limita a soberanía fiscal para que podan acrescentar ou decidir sobre os seus recursos.

Pola contra, Montoro creou o FLA , unha liña de crédito en caso de que as autonomías queiran aumentar os recursos. Unha forma de crédito que terían que pedir ao Estado e pagar cos seus xuros. Eís como a partilla do déficit se torna nun mecanismo de desdouro das autonomías. Un caso ben coñecido é o da lei da dependencia. Ao traspasar competencias sen mudar o modelo de financiamento fornecendo máis recursos e cuns topes de déficit inaturables, deixan ás administracións autonómicas fronte o dilema das retalladas e o custo social que iso supón.

Reservándose para si a capacidade financieira para poder xestionar, o PP afoga a autonomía de noso (o último xiro de porca é a electoralista rebaixa do IRPF) reforzando de paso a centralización dos servizos a costa de erosionar e desprestixiar a xestión descentralizada. Cómpre termolo en conta.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off